Os gobernos australianos sofren "un profundo monolingüismo" que discriminou o ensino nas linguas aborixes, segundo un novo informe que critica o desmantelamento da educación bilingüe no Territorio do Norte do país.
Fonte: The Australian
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os gobernos australianos sofren "un profundo monolingüismo" que discriminou o ensino nas linguas aborixes, segundo un novo informe que critica o desmantelamento da educación bilingüe no Territorio do Norte do país.
Fonte: The Australian
Agora o sueco está considerado oficialmente a lingua principal de Suecia, segundo unha nova lei de linguas que, xunto con máis de dúas ducias de leis, entrou en vigor o 1 de xullo. A nova lei, a primeira para Suecia, tamén lles dá a outras cinco linguas (finlandés, todos os dialectos sami, o finlandés do Val do Torne (meänkieli), romaní e yiddish) o status de minorías lingüísticas nacionais oficiais e pretende asegurar que as linguas usadas polas institucións públicas estean "protexidas" e sexan "simples e comprensibles".
Unha investigación recente realizada por Judith Wylie e Gerry Mulhern da Facultade de Psicoloxía da Universidade Queen de Belfast mostra que existen vantaxes significativas subxacentes para os nenos educados en escolas en irlandés.
Fonte: EBLUL
O Ministerio de Educación do Brasil fixo un balance positivo dos seis meses en vigor do Acordo Ortográfico no Brasil e instou a Portugal a subir en breve "ao tren da reforma".
Fonte: Público
O persoal da Administración Xeral do Estado en Baleares con capacitación para atender o cidadán en lingua catalá presenta altas porcentaxes, agás o caso da Xefatura Superior de Policía, que conta aproximadamente cun 35 % de efectivos con nocións "suficientes".
Fonte: Europa Press
O Parlamento de Eslovaquia aprobou a controvertida emenda á lei sobre o idioma oficial. A normativa introduce un control máis rigoroso sobre o uso do eslovaco e mesmo impón multas por deterioralo.
Fonte: Radio Slovakia International
A Comunidade de Madrid creou o primeiro servizo de España de interpretación de idiomas para atender os usuarios das urxencias hospitalarias e da Atención Primaria.
Fonte: Europa Press
A lingua leonesa conta cunha nova ferramenta para a súa difusión e normalización. Naceu a Llionpedia, enciclopedia virtual en lingua leonesa na que os usuarios deste idioma poden ler, editar e ampliar os artigos relacionados coa cultura universal.
Fonte: Leonoticias
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou dous supostos casos de discriminación lingüística rexistrados no Hospital Arquitecto Marcide e no Naval de Ferrol que sucederon o pasado mes de maio.
Fonte: Galicia Hoxe
Co obxectivo de ampliar as posibilidades dos dominios .eu, a Comisión Europea vai permitirlles aos cidadáns da Unión que poidan utilizar os seus propios caracteres cando escriban unha dirección web europea. Esta medida posibilitará que se poidan escribir URL con «ñ», tiles e diéreses, ademais de calquera caracter das 23 linguas oficiais da UE, incluíndo tamén os gregos e cirílicos.
Fonte: ABC
Subscríbase ao boletín