O conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, mostrouse partidario de revisar a valoración do éuscaro como mérito para evitar que marchen profesionais a outras comunidades.
Fonte: El Correo Digital
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, mostrouse partidario de revisar a valoración do éuscaro como mérito para evitar que marchen profesionais a outras comunidades.
Fonte: El Correo Digital
Sete intérpretes permitirán que os representantes autonómicos debatan co vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, nas súas respectivas linguas cooficiais na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado.
Fonte: Trámite Parlamentario
Estudosos e especialistas en linguas e culturas propuxeron a creación do Instituto de Linguas do estado mexicano de Michoacán (INLIEM) ante os perigos que ameazan a supervivencia das linguas nahua, mazahua, otomí e purépecha.
Fonte: Cambio de Michoacán
A CIG-Ensino presenta un recurso contencioso-administrativo contra o decreto de educación infantil por 'incumprir' a normativa sobre o uso do galego no ensino.
Fonte: A Nosa Terra
Tras varios anos de loita, o pasado 12 de xuño, o filólogo Heitor Mera conseguiu defender en galego a súa tese de doutoramento na Universidade Nacional a Distancia (UNED). Así, “Vida e obra de Bernardino Graña” converteuse na primeira tese defendida na UNED nunha lingua cooficial.
Fonte: Lingua de Amor
O secretario xeral da Asociación dos Consultores en Propiedade Industrial (ACPI), Gonçalo Sampaio, considera que a ratificación por Portugal do chamado "Acordo de Londres", e que deixará fóra a lingua portuguesa no rexistro de patentes europeas, traerá maiores custos para os empresarios portugueses e poderá "matar a innovación" no país.
Fonte: Jornal de Negócios
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia e Unesco Etxea asinaron un convenio de colaboración polo que, entre outras cuestións, esta última institución contribuirá á divulgación das normas lingüísticas do éuscaro propugnadas pola primeira.
Fonte: Deia
A conselleira vasca de Cultura, Blanca Urgell, afirmou que a súa actuación irá encamiñada a "combater o conflicto lingüístico" e a impulsar unha política "a prol do bilingüismo", buscando "o maior nivel posible de consenso social e político" en torno a esta.
Fonte: Soitu
O Principado planea a creación dunha nova oficina de coordinación cultural e lingüística en Vegadeo, que ao mesmo tempo sirva para preservar esta zona fronteiriza do avance galego en política lingüística.
Fonte: La Voz de Asturias
A reforma da Lei da función pública pola que se suprime o exame obrigatorio en galego das oposicións quedou aprobada cos votos do PPdeG, mentres que os grupos que conforman a oposición -PSdeG e BNG- mostraron o seu rexeitamento porque entenden que supón un "atentado" contra a lingua galega.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín