Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de xuño de 2009

    O Tribunal Supremo confirmou a anulación dunha ordenanza do Concello de Azpeitia sobre o uso do éuscaro no municipio ao considerar que a finalidade real pretendida pola norma era a exclusión do emprego do castelán como lingua oficial.

    Fonte: Diario Vasco

    23 de xuño de 2009

    Un grupo de estudantes do Instituto Tecnolóxico de Parral crearon un navegador en idioma tarahumara, cuxo software permitirá impulsar o uso da tecnoloxía da información entre nenos e mozos que cursan os seus estudos nas comunidades indíxenas de Chihuahua (México).

    Fonte: El Diario

    23 de xuño de 2009

    Presentouse en Tarragona o Plan de traballo 2009-2010 para fomentar o catalán no sector da avogacía. Esta iniciativa enmárcase no acordo asinado entre os departamentos de Vicepresidencia, Xustiza e o Consello de Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) para o fomento do uso do catalán neste ámbito.

    23 de xuño de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística financiou a edición dos 5.000 exemplares do manual Aula de galego 2, unha obra que lles servirá de ferramenta de traballo aos profesores que impartan o Celga 2 –segundo nivel do sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas– e mais aos lectores dos centros de estudos galegos no exterior.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de xuño de 2009

    Entidades de divulgación do esperanto discuten esta proposta, transformada en proxecto de lei, de incluír o esperanto como disciplina optativa para os alumnos do ensino medio en toda a rede pública brasileira.

    Fonte: Senado Federal

    22 de xuño de 2009

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou que remitirá un informe á Unesco e á UE para denunciar «que o PP está vulnerando a Carta Europea das Linguas».

    Fonte: La Voz de Galicia

    22 de xuño de 2009

    Aínda que a Generalitat de Catalunya está moderadamente satisfeita cos pasos que a maioría das empresas deu no uso da lingua catalá nos seus produtos e servizos, a Axencia Catalá do Consumo exhortou as compañías a «non ter complexos» á hora de etiquetar neste idioma.

    Fonte: El Periódico

    22 de xuño de 2009

    A Irmandade Xurídica Galega, unha asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia, celebrou o acto de imposición de togas de galeguidade aos novos membros da entidade, un catedrático, catro maxistrados e tres avogados.

    Fonte: La Voz de Galicia

    22 de xuño de 2009

    Na actualidade, os indíxenas que queren inscribir os seus fillos con nomes tradicionais indíxenas enfróntanse a numerosos problemas, trabas burocráticas, taxas e multas.

    Fonte: Ciudad.com

    22 de xuño de 2009

    Noam Chomsky, Paul Auster, Maria de Medeiros ou Sue Gardner son algunhas das personalidades que quixeron facer oír a súa voz en favor da diversidade lingüística do planeta. Con estas voces, Linguamón abre o documental Voces unidas, un valioso testemuño gráfico que ten como obxectivo sensibilizar a cidadanía sobre a importancia e o valor das linguas.

    Fonte: Linguamón

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder