Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xuño de 2009

    Os expertos reuníronse en Tunes para tratar o descenso do ensino en lingua árabe e a utilización deste idioma nos lugares públicos.

    Fonte: Magharebia

    18 de xuño de 2009

    Seis anos despois da aprobación da Lei de idiomas nacionais, que ordena ter un sistema onde os servizos e a atención pública tamén se impartan en linguas xinca e garífuna, non se aprobou o regulamento para a súa aplicación real.

    Fonte: Argenpress

    18 de xuño de 2009

    A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, asegurou que mentres non se alcancen acordos seguirá habendo "un sistema de modelos" lingüísticos no ensino en función da demanda.

    Fonte: EiTB

    18 de xuño de 2009

    A Plataforma pola Lingua Catalá lamentou a "inexistente presenza do catalán" nos paneis informativos do tráfico de vos na recentemente inaugurada Terminal-1 do Aeroporto de El Prat.

    Fonte: ADN

    18 de xuño de 2009

    O ministro de Cultura de Portugal, José António Pinto Ribeiro, defendeu a creación dunha academia dedicada á lingua portuguesa porque o modelo da actual Academia das Ciências de Lisboa está "esgotado".

    Fonte: Expresso

    18 de xuño de 2009

    O Sindicato Unitario Autónomo de Traballadores da Ensinanza de Asturias (Suatea) lembrou, tanto á Inspección Educativa, como a todos os centros de ensino público de Asturias, que "a materia de Lingua Asturiana e Galego-Asturiano é de obrigada oferta".

    Fonte: Europa Press

    18 de xuño de 2009

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de "cordiais" as relacións do Executivo galego coa Real Academia Galega (RAG) e remarcou o seu compromiso de trasladarlle á institución académica o decreto do galego antes da súa aprobación definitiva este ano.

    Fonte: Europa Press

    18 de xuño de 2009

    Tanto Irlanda coma Bretaña crearon sitios web de noticias bilingües. O novo servizo irlandés, Inside Ireland, céntrase nos negocios e lanzouse oficialmente en Dublín nas oficinas de Foras na Gaeilge. O servizo bretón Daktu lánzase en Lorient e as noticias diarias estarán en bretón e francés.

    Fonte: Eurolang

    17 de xuño de 2009

    O Goberno de Navarra aprobou un novo decreto foral sobre o coñecemento e uso do éuscaro na Administración co que unifica o tratamento e valora o éuscaro como mérito na zona vascófona e mixta para as prazas en que non sexa preceptivo.

    Fonte: Diario de Navarra

    17 de xuño de 2009

    O Consello do Goberno vasco aprobou subvencións para a creación de material escolar impreso de niveis non universitarios, a produción de material audiovisual educativo e a realización de programas informáticos educativos, elaborados integramente en éuscaro.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder