Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de xuño de 2009

    O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, reivindicou o papel "clave" que ten Cataluña para sensibilizar a Europa sobre a importancia de manter e promover a diversidade lingüística nunha Europa de identidade "múltiple e complexa".

    Fonte: Europa Press

    17 de xuño de 2009

    A conselleira de Xustiza do Goberno vasco asegurou que a implantación da nova oficina xudicial fará posible a tramitación íntegra en éuscaro dun procedemento na maioría dos partidos xudiciais.

    Fonte: Diario Vasco

    17 de xuño de 2009

    O Instituto Cervantes contou nos dous últimos anos, nos seus diferentes centros, con 900 alumnos de catalán, cen de galego e outros cen de éuscaro, cifras que contrastan coas 172.000 matrículas que tivo de español.

    Fonte: ADN

    17 de xuño de 2009

    Celfeden é un novo acto que ten como obxectivo unir artistas, linguas minoritarias e culturas, ao tempo que proporciona unha oportunidade única para responder á paisaxe espiritual e cultural de Gales a través dunha variedade de medios artísticos.

    Fonte: Eurolang

    17 de xuño de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de poñer en marcha dous novos recursos na rede. Trátase do espazo www.xogaconfervello.com e mais dunha web desde a que se difunden experiencias dinamizadoras de carácter transversal levadas a cabo polos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino non universitario.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de xuño de 2009

    O Consello Consultivo da Generalitat de Catalunya avalou o título lingüístico do proxecto da Lei de educación de Cataluña (LEC), co que se eludirá a terceira hora de castelán nas escolas e se reforza a inmersión en catalán.

    Fonte: Europa Press

    16 de xuño de 2009

    O sindicato nacionalista CIG presentou dúas denuncias contra a Consellería de Educación co fin de paralizar, aínda que sexa cautelarmente, a realización da consulta aos pais sobre o idioma, galego ou castelán, no que prefiren que estuden os seus fillos.

    Fonte: Faro de Vigo

    16 de xuño de 2009

    O xefe do Executivo, José Luis Rodríguez Zapatero, recibiu na Moncloa ao novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tras o encontro, o mandatario galego anunciou que a comunidade recibirá 29 millóns de euros adicionais do Estado por ter unha lingua propia.

    Fonte: El País

    16 de xuño de 2009

    Un estudo pioneiro desenvolvido entre varias universidades determina que os bebés teñen a mesma capacidade de aprender calquera idioma do mundo pero ao final do seu primeiro ano de vida esta capacidade redúcese para especializarse nos idiomas de referencia.

    Fonte: Medicina TV

    16 de xuño de 2009

    Durante a recente situación de declive económico, as persoas que buscan traballo están aprendendo outra lingua para ser máis competitivos fronte a outros candidatos que se presentan aos mesmos postos.

    Fonte: Marketwire

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder