Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xuño de 2009

    O proxecto de lei de acollida para fomentar a autonomía dos inmigrantes aprobado polo Goberno catalán prevé que a Generalitat de Catalunya emita un certificado que acreditará o grao de integración dos inmigrantes en Cataluña. Este documento certificará que o inmigrante adquiriu os coñecementos básicos da lingua e a sociedade catalás, así como que coñece o mercado laboral.

    Fonte: El Debat

    10 de xuño de 2009

    A manifestación, organizada polo Movemento Montreal Francés, ten como obxectivo a defensa da lingua francesa en Quebec e máis concretamente na función pública.

    Fonte: Branchez-vous

    10 de xuño de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou o programa Bocaberta de dinamización do uso do galego entre os rapaces e rapazas. Bocaberta xorde da colaboración impulsada entre a Secretaría coas principais editoriais e unifica nun único programa diferentes actividades xa presentes en anos anteriores, pero con maior participación e orzamento e máis iniciativas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xuño de 2009

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística fixo público un tríptico para as familias dos estudantes no que deixan claro con "datos rigorosos e estudos científicos" que "o galego ten que ser tamén lingua de aprendizaxe".

    Fonte: Galicia Hoxe

    09 de xuño de 2009

    O sindicato CIG-Ensino presentou unha reclamación por vía administrativa no Rexistro Xeral da Xunta na que insta o Executivo autonómico a paralizar o proceso de consulta aos pais sobre o uso do idioma nas aulas.

    Fonte: Europa Press

    09 de xuño de 2009

    O alfabeto caboverdiano, aprobado en xaneiro de 2009, vai comezar a ser divulgado en todo o país a partir de mediados deste mes a través dos medios de comunicación.

    Fonte: Expresso

    09 de xuño de 2009

    O Goberno destinou en 2008 un total de 1,2 millóns de euros á aprendizaxe da lingua de signos nos centros educativos e aos medios de apoio á comunicación oral das persoas con discapacidade auditiva.

    Fonte: EcoDiario

    09 de xuño de 2009

    Os socios do Goberno de Aragón, PSOE e PAR, ultiman un pacto que permita sacar adiante a Lei de linguas. O texto está pendente desde hai dez anos, desde que a Lei de patrimonio de 1999 establecese que debía aprobarse outra lei para regular as modalidades lingüísticas que se falan nesta terra, entre as que citaba expresamente o catalán.

    Fonte: ABC

    09 de xuño de 2009

    O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, destacou a vontade da Generalitat de prestar a máxima cooperación ao proxecto de ensino da lingua, cultura e civilización romanesas.

    Fonte: Europa Press

    09 de xuño de 2009

    O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, pediulle ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que poña en marcha políticas para "garantir o dereito a poder vivir en galego" no sector turístico e que se "implique" no ámbito editorial.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder