Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xuño de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que desenvolverá “unha política lingüística dirixida á ampla maioría de galegos e galegas” que queren vivir nunha sociedade bilingüe que promova activamente a lingua galega. Anxo Lorenzo fixo estas declaracións nun acto público no que el e mais o presidente da Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, José Manuel Bello Rey, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as entidades para promover o uso da lingua galega.

    19 de xuño de 2009

    O conselleiro de Cultura e Turismo, D. Roberto Varela Fariña, inaugura o mércores 24 de xuño ás 12.00 o acto de presentación da I edición do Premio do Produto Gráfico Galego.

    Fonte: Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

    19 de xuño de 2009

    O software de tradución automática de asturiano, no que están a traballar a Universidade de Oviedo e a Academia da Lingua Asturiana, baixo patrocinio da Consellería de Cultura do Goberno asturiano, podería ter unha primeira versión en probas a finais do presente ano 2009.

    Fonte: Qué

    19 de xuño de 2009

    A parlamentaria do PNV Eider Mendoza esixiulle ao Departamento de Sanidade do Goberno vasco que adopte, a través da formación dos seus traballadores e mediante a oferta pública de emprego, "todas as medidas necesarias para garantir o dereito dos falantes de vasco a ser atendidos en éuscaro en Osakidetza (Servizo Vasco de Saúde)".

    Fonte: Europa Press

    19 de xuño de 2009

    A Concellería de Cultura Leonesa celebra o 21 de xuño a cuarta edición do Día da Lingua Leonesa, no que se renderá un homenaxe ao leonés, cunha lectura de poemas e coa entrega de diplomas aos que cursaron esta lingua.

    Fonte: Diario de León

    19 de xuño de 2009

    O Instituto Cervantes celebra o Día do Español, tanto na súa sede central de Madrid como nos seus 73 centros repartidos por todo o mundo para conmemorar a 'boa saúde' dunha lingua que conta con 450 millóns de falantes.

    Fonte: Europa Press

    19 de xuño de 2009

    O servizo telefónico de información e asesoramento xurídico contra a violencia machista (016) ampliará desde xullo os idiomas de atención as 24 horas ao alemán, árabe, búlgaro, chinés, portugués, romanés e ruso.

    Fonte: ADN

    19 de xuño de 2009

    Defender unha identidade cultural que desempeñou un importante papel na independencia do cantón é o obxectivo do Goberno de Xura, en Suíza. Convértese así en pioneiro na materia e inicia unha consulta sobre un proxecto de lei acerca do uso da lingua francesa.

    Fonte: RFJ

    19 de xuño de 2009

    O 50,3 por cento da poboación de Galicia ten como lingua materna o galego e o 24,2 por cento, o galego e o castelán, segundo o estudo postelectoral realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

    Fonte: A Nosa Terra

    19 de xuño de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística sumouse, por primeira vez, ao Voluntariado Lingüístico Galego, en calidade de entidade asociada. O programa, que se desenvolverá o vindeiro curso académico, consiste nun proxecto que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, para fomentar a aprendizaxe da lingua e da cultura galegas entre os estudantes con bolsas Erasmus na comunidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder