Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de xuño de 2009

    O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción presentada por Nafarroa Bai na que se lle pide ao Gobierno foral que "cumpra" o disposto na lei do éuscaro para todas as prazas que presten servizos nas zonas vascófona e mixta de Navarra.

    Fonte: EcoDiario

    26 de xuño de 2009

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística asegurou que o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, se comprometeu a que a organización participe na elaboración do novo decreto que regule a presenza das linguas no ensino.

    Fonte: Europa Press

    26 de xuño de 2009

    O fracaso do modelo A como sistema para a aprendizaxe do éuscaro non vai supoñer a súa eliminación, senón o seu reforzo. De ser un modelo no que os alumnos cursan unha materia de éuscaro e o resto en castelán, pasará a incorporar máis materias cuxa docencia se imparta en lingua vasca.

    Fonte: Diario Vasco

    26 de xuño de 2009

    Só o 25 % dos xuízos que se celebran en Cataluña se fan en lingua catalá. Este é un dos datos incluídos nun estudo elaborado pola administración lingüística e xudicial da Generalitat de Catalunya, que por primeira vez retrata os hábitos lingüísticos nos tribunais e xulgados cataláns.

    Fonte: Avui

    26 de xuño de 2009

    Só o 12,69 % do profesorado presentado ás distintas probas do Programa IRALE para obter o perfil lingüístico no presente curso superaron o nivel correspondente.

    Fonte: Finanzas

    26 de xuño de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de entrega dos XV Premios Lois Peña Novo, que este ano lles foron concedidos ao Concello da Estrada, á empresa Estaleiro H. J. Barreras e ao médico Emilio González Fernández polo seu traballo diario a prol da difusión da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que “a nosa lingua é a empresa de toda a sociedade galega”. Lorenzo fixo estas declaracións no Pazo da Toxeiriña, no concello pontevedrés de Moraña, onde se realizou a sinatura pública dos convenios entre Política Lingüística e mais dez destacadas empresas de Galicia para promover o uso do galego nas súas relacións internas e externas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2009

    O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana ditou unha sentenza que ratifica a validez da titulación de Filoloxía Catalá para eximir das probas de coñecemento do valenciano os opositores a docentes.

    Fonte: Avui

    25 de xuño de 2009

    O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, defendeu a "legalidade" de que os alumnos de 0 a 6 anos de idade sexan educados na súa lingua materna e que, "progresivamente", sexan "introducidos" no outro idioma oficial en Galicia ata obter a suficiencia lingüística en ambos os idiomas.

    Fonte: Europa Press

    25 de xuño de 2009

    O conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, mostrouse partidario de revisar a valoración do éuscaro como mérito para evitar que marchen profesionais a outras comunidades.

    Fonte: El Correo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder