Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xullo de 2009

    Durante a súa estancia en Krausirpi (Honduras), a principal comunidade desa etnia, a investigadora Teresa Reyes traballou no diagnóstico acerca da lingua orixinaria tawahka, con vistas a un proxecto para a súa conservación.

    Fonte: Prensa Latina

    07 de xullo de 2009

    O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) espera que o proxecto de Lei xeral audiovisual regule "por fin" a accesibilidade aos contidos audiovisuais, a través de subtítulos, lingua de signos e a audiodescrición, para garantir os dereitos de todas as persoas a recibir información.

    Fonte: Diario Signo

    07 de xullo de 2009

    O PSOE rexistrou na Cámara Autonómica de Aragón unha proposición de lei de uso das linguas propias de Aragón, que non logrou pactar co seu socio de Goberno, o Partido Aragonés (PAR), na que non se prevé a cooficialidade do castelán con outras linguas como o catalán ou o aragonés.

    Fonte: ADN

    07 de xullo de 2009

    A Comisión Lexislativa de Ecuador anunciou que a nova Constitución, aprobada o pasado setembro en referendo, foi traducida ao quechua, idioma indíxena que está recollido na Carta Magna, xunto ao shuar, como "oficial de relación intercultural" co español.

    Fuente: Qué

    07 de xullo de 2009

    A Consellería de Educación valenciana vai integrar no seu modelo de ensino plurilingüe o francés a través dun convenio marco subscrito entre o Goberno valenciano e o francés e que se prevé concretar coa impartición de clases nesa lingua e o fomento dos programas de intercambio, tanto de profesores como de alumnos.

    Fonte: Europa Press

    07 de xullo de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuníronse na cidade do Lérez para renovar o compromiso de colaboración entre ambas as institucións no fomento do uso do galego, tanto a nivel das corporacións locais como da mesma Deputación. Durante a visita, Lorenzo informou a Louzán sobre o proxecto de creación dunha rede de dinamización lingüística local, impulsada por Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2009

    A Federación Galega de Municipios e Provincias e o colectivo Galeguizar Galicia acadan o consenso a prol de iniciativas concretas de normalización lingüística a nivel local.

    Fonte: Vieiros

    06 de xullo de 2009

    O presidente de Coalición por Melilla (CPM), Mustafa Aberchán, mediante o Grupo Izquierda Unida (IU) no Congreso dos Deputados, vai presentar unha nova proposición non de lei para solicitarlles ao Goberno da Cidade e ao Executivo local que a lingua tamazight puntúe nas distintas oposicións que leven a cabo ambas as administracións.

    Fonte: Melilla Hoy

    06 de xullo de 2009

    As tres universidades galegas enviaron un comunicado no que informaban da constitución dunha Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística “que nace co compromiso do fomento do uso da lingua galega no espazo de educación superior”.

    Fonte: Xornal

    06 de xullo de 2009

    O esperanto, unha lingua artificial creada en 1887 polo ocultista polaco Lázaro Zamenhof, renaceu nos últimos anos grazas á aparición de internet, que serviu como medio difusor deste idioma que celebra o 150 aniversario do nacemento do seu creador.

    Fonte: Diario de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder