Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de maio de 2009

    A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, inicia esta semana, nos días previos á celebración do Día das Letras Galegas, unha campaña en defensa do galego que se desenvolverá en institutos da comarca de Vigo.

    Fonte: Europa Press

    11 de maio de 2009

    Coalición por Melilla proporá ao Ministerio de Educación, á súa Dirección Provincial e á Delegación do Goberno unha serie de medidas para combater o fracaso escolar, sobre todo nos alumnos de orixe bérber.

    Fonte: Diario Sur

    11 de maio de 2009

    A conselleira balear de Comercio, Industria e Enerxía, Francesca Vives, fixo fincapé na necesidade de que a lingua catalá sexa "recoñecida oficialmente" no Parlamento Europeo, de maneira que os eurodeputados das illas poidan falar "na súa lingua propia".

    Fonte: Europa Press

    11 de maio de 2009

    Partidarios da oficialidade do asturiano, uns 2.000 segundo a organización, esixiron en Oviedo que a lingua asturiana teña o mesmo trato que outras linguas.

    Fonte: Ya.com

    08 de maio de 2009

    Máis de 4.000 usuarios de Tuenti e un total de 1.400 de Facebook apoiaron a través destas redes sociais de internet a manifestación "en defensa do galego" convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que se celebrará o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela.

    Fonte: Europa Press

    08 de maio de 2009

    Tres funcionarios da Capitanía Marítima de Burela denunciaron o acoso laboral ao que din verse sometidos nos seus postos de traballo pola súa defensa do uso do galego neste organismo.

    Fonte: El Progreso

    08 de maio de 2009

    Os concellos de Huarte e do Valle de Aranguren están preparando un ficheiro de veciños que falen éuscaro para, segundo explican, poder organizar actividades con "maior eficacia".

    Fonte: Diario de Navarra

    08 de maio de 2009

    O Consello de Goberno da Comunidade de Madrid aprobou ampliar o Servizo de intérpretes de lingua de signos que ofrece o Executivo autonómico de forma gratuíta ás máis de 15.600 persoas con discapacidade auditiva da rexión.

    Fonte: Solidaridad Digital

    08 de maio de 2009

    Un total de 21.770 alumnos estudan este curso a materia de Lingua Asturiana. A matriculación nesta materia foi aumentando progresivamente nos últimos anos, tanto na rede pública coma na concertada, e na etapa de primaria alcanza xa o 55,5% do alumnado.

    Fonte: La Voz de Asturias

    08 de maio de 2009

    O 29,33% dos escolares navarros prematriculados en primeiro de infantil o vindeiro curso, tanto en colexios públicos coma privados, estudarán en éuscaro.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder