Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de maio de 2009

    O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, presentou a guía Vivir en Cataluña. Aprendemos o catalán desde o árabe, un material audiovisual que editaron a Secretaría de Política Lingüística e a Secretaría para a Inmigración para facilitar o coñecemento do catalán entre a poboación de orixe magrebí.

    Fonte: e-Notícies

    12 de maio de 2009

    A nova conselleira de Educación, Isabel Celaá, quere revogar os decretos que establecen o éuscaro como lingua vehicular nas etapas de infantil e bacharelato, e no currículo de primaria e secundaria.

    Fonte: El País

    12 de maio de 2009

    Catorce institucións crearon unha Asociación de Centros de Linguas do Ensino Superior para promover a aprendizaxe de idiomas e desenvolver proxectos conxuntos neste ámbito, como, por exemplo, cursos a través de internet.

    Fonte: DNPortugal

    12 de maio de 2009

    Seis ministerios do Goberno irlandés e seis axencias nacionais infrinxen as leis que protexen a lingua irlandesa, segundo o informe anual do comisario do irlandés.

    Fonte: Ireland On-Line

    12 de maio de 2009

    A revista en lingua galesa Golwg (Vista) anunciou que lanzará o seu novo servizo de noticias en liña, “Golwg 360”, o venres 15 de maio.

    Fonte: Eurolang

    12 de maio de 2009

    A Área de Cultura, Educación, Éuscaro e Deportes do Concello de Barakaldo, coa colaboración do Organismo Autónomo Municipal - Barakaldoko Euskara Udal Erakundea, puxo en marcha o primeiro Plan de uso do éuscaro na Administración, como un primeiro paso cara á aprobación dun Plan xeral de normalización do uso do éuscaro no municipio.

    Fonte: Europa Press

    11 de maio de 2009

    Os Consellos da Xuventude de Galicia, Asturias, Cataluña, Illas Baleares, Euskadi, Navarra, o País Valenciano e Aragón asinaron un manifesto conxunto a prol do recoñecemento do plurilingüismo no Estado español nunha xornadas celebradas en Oviedo.

    Fonte: Vieiros

    11 de maio de 2009

    As pequenas e medianas empresas de Europa están a perder negocio pola falta de "habilidades lingüísticas e interculturais" dos seus empregados, tal e como lles comunicou o comisario de Multilingüismo a representantes de empresarios.

    Fonte: EurActiv

    11 de maio de 2009

    Os avances do primeiro corpus de referencia do guaraní contemporáneo, denominado “Avakotepa”, foron presentados en varios congresos de Brasil, Arxentina e España. Búscase así revalorizar este idioma, segundo afirmaron os investigadores e responsables do proxecto.

    Fonte: ABC Digital

    11 de maio de 2009

    As rúas da capital balear enchéronse de persoas de todas as idades para participar na cadea humana organizada pola Obra Cultural Balear (OCB) co obxectivo de promover os dereitos lingüísticos da lingua catalá e conseguir a súa normalización.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder