Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de maio de 2009

    O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco admitiu a trámite o recurso -e a solicitude de medidas cautelares-, da plataforma a favor do castelán contra os artigos que fixan o éuscaro como lingua principal na escola nos decretos de infantil e bacharelato.

    Fonte: El Correo Digital

    13 de maio de 2009

    O Instituto Cervantes de España e o Camões de Portugal analizaron o proxecto para crear un espazo de linguas iberoamericanas a través dunha institución que promova as que se falan na península Ibérica e as orixinarias de América.

    Fonte: ADN

    13 de maio de 2009

    A Real Academia Galega presentou na Coruña un manifesto do seu plenario sobre o idioma, no que mostra a súa preocupación porque «as primeiras decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta sexan todas desprotectoras da lingua galega».

    Fonte: La Voz de Galicia

    13 de maio de 2009

    Nafarroa Bai rexistrou no Parlamento foral dúas mocións que instan o Goberno de Navarra a establecer nas súas convocatorias de emprego público o requisito ou mérito do éuscaro de forma progresiva e a alcanzar un acordo co Goberno central para impulsar o coñecemento do éuscaro entre os traballadores da Administración do Estado en Navarra.

    Fonte: Ya.com

    13 de maio de 2009

    O Parlamento balear rexeitou unha Proposición non de lei do PP na que pedía que o coñecemento do catalán sexa considerado como un mérito e non como un requisito en todos os procedementos selectivos de persoal no Servizo Público de Saúde.

    Fonte: Europa Press

    13 de maio de 2009

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, negou unha "controversia" lingüística entre galego e castelán que afecte á cultura de Galicia xa que, na súa opinión, é de "características políticas", pero aclarou que "non hai que excluír os creadores galegos que se expresan noutra lingua".

    Fonte: Europa Press

    13 de maio de 2009

    A páxina web das eleccións europeas ten dispoñible algún do seu material promocional en vasco, catalán e galego, mentres que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea anunciou que agora se poderán usar as tres linguas na correspondencia.

    Fonte: Eurolang

    13 de maio de 2009

    Euskal Kultur Erakundea, o Instituto Cultural Vasco de Iparralde, e eitb.com asinaron o pasado luns 11 de maio un convenio de colaboración para promover e difundir a cultura e a lingua vascas en internet.

    Fonte: EITB

    12 de maio de 2009

    Unha ONG mauriciana, Ledikasyon pu Travayer (Educación para os traballadores) reclamou a introdución no Parlamento de Mauricio da lingua crioula, falada por case todos os mauricianos, no mesmo grao que o inglés ou o francés.

    Fonte: Afrique en ligne

    12 de maio de 2009

    Máis de 900 mozos e mozas participaron no programa de actividades culturais 'Harrapazank', destinado a promover o emprego do éuscaro entre rapaces e rapazas de 12 a 16 anos.

    Fonte: El Correo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder