Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de maio de 2009

    Na rolda de prensa ofrecida polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o titular do departamento anunciou que o novo decreto se aplicará para o curso 2010-2011 despois de acadar o máximo consenso familiar, educativo, social e político posible.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de maio de 2009

    Milleiros de persoas desafiaron a choiva durante unha manifestación convocada para que non haxa «nin un paso atrás» na normalización do idioma galego e no seu emprego no ensino e na vida cotiá.

    Fonte: La Voz de Galicia

    18 de maio de 2009

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou na conmemoración do Día das Letras Galegas a súa vontade de tender a man a todos os galegos “para facer da nosa lingua o que sempre foi: un tesouro común” co desexo de que o espírito de Ramón Piñeiro “non esmoreza nunca”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de maio de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez, avogou por atopar “acordos de fondo” en materia de lingua que permitan recuperar o consenso sobre o idioma, adoptando os principios de convivencia, liberdade e de non discriminación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de maio de 2009

    Por primeira vez na historia, os araneses puideron seguir a retransmisión dun partido de fútbol na súa lingua grazas a unha desconexión da canle analóxica de TV3 no Val de Arán. Este feito sen precedentes foi impulsado por Televisión de Cataluña.

    Fonte: Nationalia

    18 de maio de 2009

    A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, avogou por "superar o debate das linguas" porque "o éuscaro é algo natural" e comprometeuse a impulsar unha sociedade bilingüe.

    Fonte: El Correo Digital

    18 de maio de 2009

    Centos de persoas manifestáronse polo centro da capital aragonesa, ata chegar ao Palacio da Aljafería, sede das Cortes de Aragón, para reivindicar que o Parlamento aragonés aprobe unha lei de linguas.

    Fonte: Qué

    15 de maio de 2009

    A lingua de signos estará presente no debate do Estado da Cidade e nos plenos do Consistorio palmesano, así como nos principais actos institucionais, ademais de ser incorporada, tamén, na publicidade audiovisual institucional e na páxina web.

    Fonte: Europa Press

    15 de maio de 2009

    O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, anunciou que as clases de chinés mandarín comezarán a impartirse en 30 centros públicos de secundaria da Comunidade Valenciana a partir do curso 2010-2011.

    Fonte: El Mundo

    15 de maio de 2009

    A representación equitativa das catro linguas nacionais suízas na Administración federal non é máis que unha ilusión, segundo un estudo que mostra tamén que o desequilibro é particularmente visible entre o persoal dirixente.

    Fonte: Swissinfo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder