Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de maio de 2009

    O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, asegurou que o Plan xeral de normalización da lingua galega é un "documento de traballo" que resulta "útil" na busca dun "consenso lingüístico", pero destacou que non constitúe "unha obriga legal".

    Fonte: Europa Press

    21 de maio de 2009

    A CIG denunciou que a Xunta pretende eliminar a cláusula da Lei da función pública galega que obriga a realizar en galego, como mínimo, unha das probas das que constan os procesos selectivos e que esta medida teña carácter retroactivo.

    Fonte: Galicia Hoxe

    21 de maio de 2009

    A Consellería de Educación do Goberno de Canarias publicará unha orde que permitirá solicitar a modalidade de ensino bilingüe a todos os centros educativos ao longo da presente lexislatura.

    Fonte: Gobierno de Canarias

    21 de maio de 2009

    O Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH) de México creou un xogo didáctico denominado "Maratón Yoreme", que ten o obxectivo de preservar a lingua indíxena "mayo", falada no estado mexicano de Sonora (norte).

    Fonte: Xinhuanet

    21 de maio de 2009

    A Plataforma per la Llengua recolle no estudo 'El català a la telefonia mòbil' que o catalán está cada vez máis presente no sector da telefonía móbil, aínda que con destacables diferenzas entre os fabricantes de terminais e as compañías operadoras.

    Fonte: Europa Press

    20 de maio de 2009

    O Goberno do Concello de Lena acaba de convocar unhas subvencións nas que a novidade é que entre as obrigas das asociacións e colectivos que queiran optar a estas está a de facer a publicidade bilingüe (asturiano-castelán) ou só en asturiano.

    Fonte: Asturies.com

    20 de maio de 2009

    Mentres se prepara a segunda edición do dicionario da Real Academia Galega, pode consultarse a primeira na web da Xunta, pero non está adaptada ás normas en vigor.

    Fonte: La Voz de Galicia

    20 de maio de 2009

    O profesor da Universidade de Valencia, Julio Calvo Pérez, acaba de publicar en Perú o dicionario máis amplo de todos os existentes dunha lingua amerindia, concretamente o quechua.

    Fonte: ADN

    20 de maio de 2009

    Este tradutor chámase Apertium e foi posto en marcha por un enxeñeiro informático galés na Universidade de Alacant en colaboración coa Oficina da Lingua Bretoa.

    Fonte: Ouest-France

    20 de maio de 2009

    A Universidade de Oviedo acolle a normalización da lingua asturiana, aínda que non tan amplamente como se reclamaba desde algúns sectores. Para empezar, xa o vindeiro día 28 se aprobará un regulamento que regula a presentación de escritos en asturiano e os novos estatutos da institución proporán impulsar o idioma autóctono.

    Fonte: La Voz de Asturias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder