Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de maio de 2009

    A Dirección Xeral de Función Pública mantén o seu compromiso de suprimir a obrigatoriedade de realizar unha proba en galego nas oposicións da Administración, pese ao rexeitamento sindical, practicamente unánime.

    Fonte: La Voz de Galicia

    26 de maio de 2009

    Este dicionario, editado por Xerais, contén máis de 25 mil entradas de léxico, e trátase do primeiro que recolle as correspondencias entre o francés e o galego.

    Fonte: Vieiros

    26 de maio de 2009

    Na capital tailandesa celebrouse unha cerimonia de benvida para o primeiro grupo de voluntarios chineses que van ensinar chinés mandarín. O número total de profesores chineses que se despraza a Tailandia en 2009, tras outros dous grupos que chegaron días despois, ascenderá a 1028.

    Fonte: Xinhua

    26 de maio de 2009

    Para que a barreira do idioma deixe de ser unha limitación nas comunicacións persoais, Google acaba de lanzar un sistema de tradución automático que se encaixa no correo electrónico de Gmail.

    Fonte: Clarín

    26 de maio de 2009

    Este grupo étnico indíxena, coma a súa lingua, o livoniano, está a punto de extinguirse. Os medios de comunicación letóns informaron recentemente de que o último falante nativo de livoniano morrera en febreiro. Non obstante, os propios livonianos cren que non pode ser o último.

    Fonte: Baltic Course

    26 de maio de 2009

    O Tribunal Supremo desestimou un recurso presentado polo Goberno de Navarra e confirmou a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Navarra pola que se anularon varios artigos do Decreto foral 29/2003 sobre o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra.

    Fonte: Europa Press

    25 de maio de 2009

    Haberá casos en que o coñecemento da lingua galega non sexa un requirimento obrigado, feito que xustifican dende a Consellería de Facenda polo feito de que "non se poden perder bos profesionais da medicina por esta circunstancia", e poñen como exemplo a carencia na sanidade pública de médicos especialistas.

    Fonte: A Nosa Terra

    25 de maio de 2009

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inicia a campaña O mundo en galego, coa que busca facer chegar aos nenos a cultura, a historia e os costumes doutros lugares a través de libros en galego.

    Fonte: Galicia Hoxe

    25 de maio de 2009

    A excepción dos candidatos ás eleccións europeas, non son moitos os políticos españois de primeiro nivel que se poidan defender noutras linguas estranxeiras.

    Fonte: ADN

    25 de maio de 2009

    O Ministerio de Cultura portugués garante que está a traballar para crear en breve un instituto de defensa e promoción do mirandés, nun momento en que se sinala o décimo aniversario da oficialidade da lingua mirandesa.

    Fonte: Expresso

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder