Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de maio de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou a sede da Real Academia Galega, situada na Coruña, da man do presidente da institución, Xosé Ramón Barreiro Fernández.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de maio de 2009

    A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo emite un comunicado dirixido á cidadanía berciana, á Consellería de Educación da Junta de Castilla y León, ao Valedor do Pobo desta comunidade e aos medios de comunicación para informar dos problemas escolares do ensino da materia de Lingua Galega no Bierzo.

    Fonte: O Bierzo Ceibe

    27 de maio de 2009

    No seu informe anual 2008-2009, o Comisario das linguas oficiais, Graham Fraser, sinala que en Quebec é onde se atopa a maior proporción de persoas bilingües de Canadá e que máis dun terzo (36 %) dos francófonos, así como máis de dous terzos dos anglófonos (69 %), afirmaban no momento do último censo federal que se expresan en inglés e francés.

    Fonte: CNW Group

    27 de maio de 2009

    As industrias e os servizos en que a lingua portuguesa é un elemento clave representan o 17 % do produto interior bruto (PIB) de Portugal. Esta é a primeira conclusión do estudo "O Valor Económico da Língua", encomendado polo Instituto Camões a un equipo de investigadores do Instituto Superior de Ciencias do Traballo e da Empresa (ISCTE).

    Fonte: Jornalismo PortoNet

    27 de maio de 2009

    Perú celebra o 27 de maio o Día do Idioma Nativo. Esta celebración promove o recoñecemento e respecto polos seus idiomas nativos: quechua, aimará ou linguas selváticas.

    Fonte: De Perú

    27 de maio de 2009

    O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, xulgou "axeitado" o modelo español de protección e promoción do castelán e das linguas cooficiais, e subliñou que nos últimos anos houbo "avances" pese a que queda "camiño por percorrer".

    Fonte: EcoDiario

    27 de maio de 2009

    A Consellería de Educación do Goberno vasco presidido por Juan José Ibarretxe, ante as queixas recibidas polo Valedor do Pobo, respondeulle a este que o descenso da oferta de clases en castelán durante 2008 se debeu á diminución da demanda.

    Fonte: Europa Press

    27 de maio de 2009

    A voceira do Goberno vasco, Idoia Mendía, afirmou que o Executivo manterá o actual sistema de modelos lingüísticos e "garantirá" a posibilidade dos pais de optar por calquera dos tres modelos -en éuscaro, en castelán ou bilingüe-- para a educación dos seus fillos, aínda que recoñeceu que a aspiración do gabinete de Patxi López é implantar un sistema trilingüe que introduza o inglés como terceira lingua no sistema educativo vasco.

    27 de maio de 2009

    Un estudo da Fundación Ceimigra revela que o 97,8 % dos estudantes estranxeiros da Comunidade Valenciana ten coñecementos dalgunha das dúas linguas oficiais e só o 2,2 % carece completamente de competencias comunicativas.

    Fonte: Panorama Actual

    27 de maio de 2009

    O presidente de Kirguizistán, Kurmanbek Bakíev, demostrou o seu dominio da lingua kirguís ao aprobar o exame de idioma que teñen que presentar todos os aspirantes ao cargo de xefe de Estado, tal e como establece a lexislación.

    Fonte: ADN

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder