Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xuño de 2009

    Un total de 1.620 persoas examináronse para obter o Certificado de Lingua (Celga) nos niveis 3 e 1, en 19 cidades "dentro e fóra" de Galicia.

    Fonte: Galicia Hoxe

    01 de xuño de 2009

    Escola Valenciana acusou a Consellería valenciana de Educación de "incumprir" a Lei de uso e ensinanza do valenciano (LUEV) ao "negarse a autorizar as solicitudes de ducias de consellos escolares de centros que piden máis prazas en valenciano".

    Fonte: EcoDiario

    01 de xuño de 2009

    Empresas, publicacións periódicas, asociacións sen ánimo de lucro, entes locais e as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son os receptores dos case seis millóns de euros que a Deputación de Biscaia investiu desde xaneiro en programas de promoción e difusión do éuscaro.

    Fonte: Deia

    01 de xuño de 2009

    Un total de 64 centros educativos da Rioxa participará o vindeiro curso escolar no Proxecto de Innovación Educativa que desenvolve a Consellería de Educación co obxectivo de que tanto alumnos como docentes cheguen a dominar idiomas como o inglés, o francés ou o italiano.

    Fonte: El Correo Digital

    01 de xuño de 2009

    Cun chamamento a unir forzas para traballar na metodoloxía do ensino da lingua maia, así como nos seus principios e regras cun enfoque cultural, inaugurouse un foro sobre cultura indíxena. Durante o acto, propúxose a creación dun instituto de lingua maia, ante os perigos que ameazan a supervivencia da lingua.

    Fonte: Por esto

    01 de xuño de 2009

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeita segregar os alumnos por lingua, aínda que recoñece que cando se abre "un debate" hai que manexar "todas as posibilidades". Por iso, asegura que a opinión das familias será "vinculante" pero deberá "casar" coas pautas pedagóxicas e os recursos económicos "dispoñibles" nos servizos educativos da Administración.

    Fonte: Europa Press

    01 de xuño de 2009

    Miles de persoas (entre 25.000 e 30.000, segundo cifras do Círculo Balear) pertencentes a máis dunha vintena de organizacións políticas, económicas e sociais manifestáronse en Palma de Mallorca en contra da "imposición" do catalán na educación, a sanidade e a administración pública de Baleares e en defensa da liberdade lingüística e da libre elección do idioma nos colexios.

    Fonte: Europa Press

    29 de maio de 2009

    A Universidade de Oviedo admitirá a partir do vindeiro mes de xuño documentos escritos en asturiano, sempre e cando impliquen unha tramitación sinxela e non unha xestión ou resposta urxente. O regulamento sobre a presentación de escritos en asturiano aprobouse no Consello de Goberno desta Universidade con 39 votos a favor, ningún en contra e cinco abstencións.

    Fonte: Asturies.com

    29 de maio de 2009

    Máis do 76 % dos guipuscoanos de entre 3 e 16 anos escolarizaranse o vindeiro curso no modelo D. Esta porcentaxe alcanza case o 85 % entre os menores de seis anos. Ademais, este modelo é o único beneficiado do incremento total da poboación en idade escolar, tanto en Guipúscoa como no conxunto da Comunidade Autónoma Vasca (CAV).

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    29 de maio de 2009

    O PNV demándalle ao Goberno vasco que abra un proceso para revisar o Plan xeral de promoción de uso do éuscaro co obxectivo de "pulir tan valioso instrumento e adaptalo aos inicios do século XXI".

    Fonte: El Correo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder