Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de xuño de 2009

    Os concellos de Vigo e A Coruña convocan subvencións para organizacións sen ánimo de lucro que teñen por obxecto fomentar a realización de actividades dirixidas á normalización do galego.

    02 de xuño de 2009

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que antes de quince días se fará unha consulta a todos os pais e nais de alumnos na que se lles formularán varias cuestións e se lles pedirá opinión «sobre o bilingüismo» e sobre «o peso» que ambos os idiomas, o galego e o castelán, deben ter na educación en Galicia.

    Fonte: La Voz de Galicia

    02 de xuño de 2009

    O 26 de maio lanzouse unha nova web para que os cidadáns dos 27 Estados membro da Unión Europea falen e lean sobre os mesmos temas, algo que ata o de agora se viu dificultado polas barreiras lingüísticas.

    Fonte: EUObserver

    02 de xuño de 2009

    Incrementar nun 3 % (do 48 % ao 51 %) as matriculacións escolares en modelos de éuscaro para o ano 2012 é unha das metas do Plan estratéxico de Euskarabidea (2009-2012), cuxo borrador se presenta ante o Consello Navarro do Éuscaro. Este documento recolle así mesmo aumentar un 115 % a dotación económica para prestixiar o éuscaro e facelo atractivo.

    Fonte: Noticias de Navarra

    02 de xuño de 2009

    Os concellos de Buruntzaldea (Andoain, Astigarraga, Hernani, Lasarte-Oria, Urnieta eta Usurbil) asinaron en 2002 un convenio para traballar conxuntamente programas de éuscaro. En base a ese convenio, encóntrase o programa Proposta para a mellora da situación do éuscaro despois do Ensino Secundario Obrigatorio de 2008-2009.

    Fonte: Diario Vasco

    02 de xuño de 2009

    Os tradutores automáticos da web gencat da Generalitat catalá atenderon oito millóns de peticións en 2008, un número de consultas que pon de relevo a aposta da Secretaría de Política Lingüística para facilitar o coñecemento e o uso do catalán, segundo o seu secretario, Bernat Joan.

    Fonte: ADN

    02 de xuño de 2009

    A posibilidade de interpretar as valiosas ensinanzas dos clásicos da literatura chinesa podería perderse se non se retorna aos caracteres tradicionais.

    Fonte: La Gran Época

    02 de xuño de 2009

    O embaixador de China en Cuba, Zhao Rongxian, anunciou a próxima apertura dunha cátedra de estudos dese idioma na illa. O diplomático precisou que o proxecto forma parte dos intercambios culturais entre ambos os países, con especialistas no ensino para estranxeiros.

    Fonte: Granma

    02 de xuño de 2009

    O Tribunal Constitucional decidiu que a lei que define o coreano estándar como a lingua usada en Seúl é constitucional. Promulgada en 1988, un artigo da Lei da lingua coreana establece que o coreano estándar é "só a lingua falada polas persoas cultas de Seúl".

    Fonte: The Korea Times

    01 de xuño de 2009

    Mancomún desenvolveu o separador silábico para o galego Hyphenation-gl, o glosario galego de localización de software e o script Tmx2po, que permite converter memorias de tradución en formato .tmx ao formato .po.

    Fonte: Sociedade da Información

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder