Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de maio de 2009

    Os participantes na sesión do Consello de Representantes de carelios, vepsios e finlandeses da República de Carelia celebrado o pasado 27 de maio baixo a presidencia do máximo responsable do país, Sergey Katanandov, abordaron a cuestión do ensino da lingua finlandesa nas institucións educativas da República de Carelia.

    Fonte: Republic of Karelia

    29 de maio de 2009

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a reforma da Lei de función pública que garantirá a libre elección de idioma aos opositores, pese ao desacordo de tres dos catro sindicatos con representación na Administración pública.

    Fonte: Europa Press

    29 de maio de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística entrevistouse cos responsables da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que agrupa os profesionais dos servizos lingüísticos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de maio de 2009

    Nove destacados investigadores, vinculados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), dan un paso adiante para rebater prexuízos lingüísticos.

    Fonte: Vieiros

    28 de maio de 2009

    O grupo EITB (Radiotelevisión vasca) e a asociación Euskararen Erakunde Publikoa (Oficina Pública da Lingua Vasca, EEP/OPLB) de Iparralde asinaron un acordo de colaboración para impulsar a difusión en formato dixital dos medios de comunicación en éuscaro da radiotelevisión pública vasca en todo o País vasco-francés.

    Fonte: EITB

    28 de maio de 2009

    O grupo do PNV na Cámara vasca pediulle explicacións ao conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, por unhas declaracións nas que afirmou que nas futuras Ofertas Públicas de Emprego (OPE) do Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza) "o éuscaro non terá o mesmo rango que ata agora".

    Fonte: Europa Press

    28 de maio de 2009

    Fontes do Departamento de Educación catalán rebateron os argumentos que aseguran que os libros de texto dixitais poderían ser unha ameaza para a lingua catalá nas aulas e repetiron que a lingua vehicular do ensino nas aulas será o catalán.

    Fonte: El Punt

    28 de maio de 2009

    Pese a ser o 2008 o ano de maior polémica en torno á suposta imposición do galego nas aulas, o informe do Valedor do Pobo non detecta un aumento significativo das queixas presentadas polos cidadáns en relación coa lingua.

    Fonte: A Nosa Terra

    28 de maio de 2009

    O Centro Estatal de Linguas e Culturas Indíxenas (CELCI) advertiu de que o tepehua está en risco de desaparecer do estado de Hidalgo, xa que só se ten un rexistro de 1583 falantes.

    Fonte: Excélsior

    28 de maio de 2009

    O Instituto da Lingua Galega vén de publicar na rede a súa revista Estudos de Lingüística Galega, co obxectivo de servir de espazo de debate e intercambio científico sobre a norma idiomática e, ao tempo, servir de análise crítica e difusión da investigación lingüística.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder