Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de maio de 2009

    Todos os grupos parlamentarios do Senado, a excepción do Grupo Popular, aprobaron a moción do grupo da Entesa para a normalización do uso das linguas na Administración do Estado, polo que o catalán, o galego e o éuscaro poderán ser utilizados nos Plenos.

    Fonte: ADN

    20 de maio de 2009

    O Comité de Ministros do Consello de Europa publicou o seu terceiro informe sobre a situación das linguas rexionais de Suecia. Nunha parte deste informe, o Comité de Ministros apela o Goberno sueco para que leve a cabo "accións decididas no ámbito da educación para conservar o sami do sur", que advirte que está "especialmente en perigo".

    Fonte: Eurolang

    20 de maio de 2009

    A campaña Saborea o galego!, impulsada desde o Concello de Santiago, busca a implicación do persoal ao servizo da cidadanía na Administración local, un dos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, así coma no Plan de normalización lingüística do Concello de Santiago para garantir o uso normal do galego en todos os aspectos da comunicación corporativa.

    19 de maio de 2009

    A Generalitat de Catalunya e a Federación de Persoas Xordas de Cataluña (Fesoca) impulsaron a web 'Webvisual', que é un portal de información adaptada á Lingua de Signos Catalá (LSC).

    Fonte: La Flecha

    19 de maio de 2009

    O Concello de Copenhague quere introducir o árabe como segunda lingua estranxeira despois do inglés co obxectivo de axudar á integración dos mozos e mozas de orixe árabe.

    Fonte: Romandie

    19 de maio de 2009

    O PSOE comprometeuse a estudar que os partidos nacionalistas poidan utilizar as linguas cooficiais do Estado no Congreso dos Deputados e o Senado, así como que tamén se poidan empregar nos rexistros e nas relacións cos órganos da Administración de Xustiza.

    Fonte: EcoDiario

    19 de maio de 2009

    En México o impulso das linguas nativas é case inexistente. En caso de non tomar medidas pronto, para o 2020 so se falarán 40 dialectos, destacou a organización Pueblos Indígenas en México.

    Fonte: Diario de Xalapa

    19 de maio de 2009

    A ministra galesa de Xuventude, Educación, Aprendizaxe Permanente e Coñecementos, Jane Hutt, lanzou o 13 de maio de 2009 para consulta a primeira Estratexia nacional para a Educación en Galés.

    Fonte: Eurolang

    19 de maio de 2009

    O Concello de Santiago de Compostela renova e reforza o seu compromiso coa promoción social da lingua galega e aproba unha nova declaración para o impulso do uso da lingua galega desde a administración municipal.

    Fonte: CTNL

    19 de maio de 2009

    A Mesa pola Normalización Lingüística convocará unha folga xeral en todo o sistema educativo galego a comezos do curso 2009-2010, se Núñez Feijoo persiste no seu empeño de derrogar o decreto que regula o uso dos idiomas na escola.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder