Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de maio de 2009

    Coa finalidade de prestar un mellor servizo á poboación de fala quechua e aimará, algúns xuíces e persoal de apoio do Tribunal Departamental de Xustiza acoden a cursos para aprender estes idiomas, dixo o presidente do Tribunal Superior do Distrito de Oruro.

    Fonte: FM Bolivia

    15 de maio de 2009

    Portugal recoñeceu "o empeño demostrado" pola actual dirección do Banco Africano de Desenvolvemento na utilización do portugués nas súas relacións cos países que o usan como lingua oficial, pero pediu un maior esforzo na súa implementación.

    Fonte: Açoriano Oriental

    15 de maio de 2009

    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Xunta estudará a posible oficialización do topónimo 'La Coruña' se a "maioría" dos grupos que conforman o pleno do Concello coruñés "se poñen de acordo" e elevan unha petición "consensuada" á Administración autonómica.

    Fonte: Europa Press

    14 de maio de 2009

    O Consello da Xunta celebrado hoxe aprobou o nomeamento como novo secretario xeral de Política Lingüística de Anxo M. Lorenzo Suárez, profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.

    Referencia ao Consello da Xunta do 14 de maio

    14 de maio de 2009

    Os sindicatos Suatea e CCOO mobilizáronse en defensa da creación da especialidade da lingua asturiana nos corpos docentes do Principado.

    Fonte: La Voz de Asturias

    14 de maio de 2009

    O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, ratificouse como un "firme defensor" das linguas cooficiais, convencido de que apoialas é "unha aposta de visión histórica", pero advertiu de que ese apoio non supón aceptar os "excesos" que se cometan con elas.

    Fonte: El Periódico

    14 de maio de 2009

    O grupo de CiU no Parlamento catalán rexistrou unha proposta de resolución na Cámara catalá para instar o Goberno de Cataluña a reclamar a Renfe que ofreza a posibilidade de ser atendido en catalán no servizo telefónico de venda de billetes.

    Fonte: Europa Press

    14 de maio de 2009

    O vindeiro 30 de maio a Oficina da Lingua Bretoa festexará os seus dez anos de existencia no Pazo de Congresos de Lorient.

    Fonte: OLB

    14 de maio de 2009

    Nunha reunión celebrada o pasado mes de marzo, un grupo de expertos convidados pola Unesco e a Comisión Nacional Chinesa reuniuse por primeira vez co obxectivo de analizar a viabilidade da creación dunha rede virtual para a aprendizaxe de linguas.

    Fonte: Linguamón

    14 de maio de 2009

    A exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”, coa que a Xunta de Galicia convida a facer un percorrido pola historia do galego no contexto mundial da diversidade lingüística, chega o 15 de maio á Casa da Cultura de Bos Aires, onde permanecerá ata o 28 deste mesmo mes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder