Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2009

    O decreto do Ministerio de Educación que insta a dar tres horas semanais de Lingua e Literatura Castelá nas escolas non se aplicará en Cataluña. Iso polo menos é o que se deriva do acordo alcanzado pola Comisión de Educación do Parlamento catalán, que aprobou o informe do relatorio da lei de educación.

    Fonte: El País

    07 de maio de 2009

    O Consello de Europa chamoulle a atención a Suecia pola súa falta de progresos á hora de fomentar a sensibilidade social e de promover programas educativos nas cinco linguas minoritarias do país.

    Fonte: The Local

    07 de maio de 2009

    Lugo e Ourense son, por esta or­de, as provincias que rexistran un uso máis frecuente do gale­go fronte ao castelán, cunhas porcentaxes do 65,2 e 64,5%, res­pectivamnte. Estas cifras revelan que a uti­lización do galego nesas dúas provincias orientais é superior en quince puntos ás rexistra­das nas provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra.

    Fonte: Galicia Hoxe

    07 de maio de 2009

    IU criticou a "nula actividade" na normalización da lingua asturiana do consistorio ovetense desde as eleccións municipais celebradas en maio de 2007.

    Fonte: La Voz de Asturias

    07 de maio de 2009

    A Televisión Central de China estuda a implementación dunha canle en portugués nos próximos dous anos. A información confirmouna o presidente da Asemblea da República de Portugal, Jaime Gama. Segundo o político, o obxectivo da medida será estreitar os lazos de China coa lingua portuguesa.

    Fonte: Portal Imprensa

    07 de maio de 2009

    Un grupo de maronitas intenta resucitar "a lingua de Cristo", o arameo, e conservar así o legado da súa aldea destruída por Israel en 1953.

    Fonte: Último Segundo

    07 de maio de 2009

    Os candidatos do PSD ao Parlamento Europeo asinaron un contrato no que se compremeten a defender a Portugal no liderado europeo con Durão Barroso e a manter o portugués como lingua oficial da Unión Europea.

    Fonte: Sol

    07 de maio de 2009

    O Ministerio de Educación de Chile anunciou a ampliación do ensino do chinés nos institutos do país. Segundo o plan do Ministerio, o número de institutos que conta con cursos de chinés como lingua estranxeira aumentará de 5 a 10 en 2009 e o número de estudantes de secundaria que aprende chinés incrementarase de 850 en 2008 ata 1700.

    Fonte: Xinhua.net

    07 de maio de 2009

    O Tribunal Supremo de Xustiza da Nación resolveu que cando nun xuízo estean involucrados indíxenas que non coñezan o idioma en que se desenvolva o proceso, os xuíces están obrigados a designar un defensor público que coñeza a súa lingua e cultura.

    Fonte: Vanguardia

    06 de maio de 2009

    O secretario xeral da Consellería de Educación, José Luis Vázquez, confirmou que na convocatoria deste ano o uso do galego nas probas non sufrirá cambios e se manterá como na última.

    Fonte: Xornal.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder