Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de abril de 2009

    A Consellería de Cultura do Goberno do Principado de Asturias anunciou a creación dunha Unidade de Tradución ao asturiano e ao castelán de textos oficiais e administrativos, compromiso que o Executivo autonómico xa expresara en anteriores ocasións.

    Fonte: La Nueva España

    28 de abril de 2009

    O comisario de Multilingüismo da Unión Europea, Leonard Orban, considera que os europeos "deben aprender idiomas diferentes" e "non só o inglés", ao existir dentro da comunidade "unha riqueza enorme" de linguas que "deberían ser aprendidas". Orban pronunciouse así nunha rolda de prensa que ofreceu en Pamplona, con motivo da súa visita a Navarra.

    Fonte: Europa Press

    28 de abril de 2009

    As próximas oposicións que convoque a Administración autonómica poderán responderse en galego ou castelán, coa excepción da propia proba de lingua galega. Así o adiantou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que vinculou esta decisión a un “bilingüismo amable e cordial”.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de abril de 2009

    A Fundación puntCAT presentou o 23 de abril a campaña "Navega en catalán" co obxectivo de explicar os beneficios de configurar os navegadores co catalán como lingua predeterminada e describir os pasos para poder facelo en só 30 segundos.

    Fonte: Asociación Puntogal

    28 de abril de 2009

    A canle pública francesa de información internacional France 24 pasou o pasado luns de catro a dez horas diarias de emisións en lingua árabe.

    Fonte: AFP

    28 de abril de 2009

    Arredor de 45.000 alumnos de case 500 centros educativos percorrerán catorce cidades galegas, na edición 2009 do proxecto ‘Correlingua’, para potenciar o uso do galego na mocidade, informaron os organizadores.

    Fonte: La Región

    27 de abril de 2009

    A responsable en España de YouTube, María Ferreras, explicou que a compañía pensa na incorporación do catalán a este sitio web de vídeos, aínda que non quixo avanzar unha data.

    Fonte: La Vanguardia

    27 de abril de 2009

    A elevada demanda por parte da poboación estranxeira fixo que Cruz Vermella, en colaboración coa Academia Valenciana da Lingua, incremente o número de clases de valenciano destinadas especialmente a este colectivo en toda a provincia de Castellón.

    Fonte: Las Provincias

    27 de abril de 2009

    O Goberno ruandés decidiu "suspender temporalmente" todos os programas en lingua quiñaruanda da Radio BBC despois dunha emisión considerada controvertida.

    Fonte: AFP

    27 de abril de 2009

    O presidente de Euskaltzaindia (a Real Academia da Lingua Vasca) asegurou que o éuscaro é un «valor compartido por todos, que se debe poñer en funcionamento» e que «non se predica contra ninguén, senón con todos».

    Fonte: El Correo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder