Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de abril de 2009

    Un estudo reflicte que os falantes son cada vez máis novos, máis urbanos e con menos vínculos afectivos cara á lingua vasca. Ademais, o 37 % da poboación é bilingüe, cun total de 755.640 persoas.

    Fonte: El Correo Digital

    27 de abril de 2009

    Os cidadáns poderán dirixirse en catalán, éuscaro e galego ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) a partir do luns 27 de abril, cando o secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido, asine un memorando para o uso das linguas oficiais en España no citado tribunal en Luxemburgo.

    Fonte: Europa Press

    27 de abril de 2009

    O recurso educativo en liña da BBC ALBA, Beag air Bheag, foi relanzado para ofrecer un servizo máis actualizado e mellorado. Beag air Bheag significa en gaélico "pouquiño a pouco" e así é como a páxina web pretende axudar a xente a aprender gaélico.

    Fonte: Eurolang

    27 de abril de 2009

    Na conferencia, celebrada durante os días 20 e 21 de abril, os expertos conclúen que a integración da lingua minorizada como lingua vehicular na educación é clave para garantir o bilingüismo.

    Fonte: Linguamón

    27 de abril de 2009

    Cos obxectivos de fomentar a convivencia entre as distintas linguas peninsulares, nace o Instituto de Linguas da Península Ibérica (ILPI), unha entidade promovida polo Concello de Benasque (Aragón) e pola Deputación Xeral de Aragón.

    Fonte: CTNL

    24 de abril de 2009

    O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, comprometeu o traballo da Unión Europea para "defender e ascender" idiomas que non son oficiais neste ámbito, como o galego, o éuscaro ou o catalán. Leonard Orban visitou o Parlamento galego, tras manter un breve encontro coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo, e os voceiros dos tres grupos parlamentarios.

    Fonte: Galicia Hoxe

    24 de abril de 2009

    O Movemento de docentes de linguas africanas en Senegal (MELAS) ten como obxectivo inmediato poñer en marcha un instituto internacional das linguas africanas (IILA) para estudar os idiomas máis falados neste continente.

    Fonte: APS

    24 de abril de 2009

    A emisora de Arabia Saudí apoiada polo Estado vai lanzar unha canle de televisión en turco e persa. Tratarase da quinta canle terrestre do Reino e estará dispoñible vía satélite en todas as rexións.

    Fonte: Rapid TV News

    24 de abril de 2009

    O goberno colombiano impulsa, da man dun científico francés, un programa que celebra a diversidade lingüística do país -unhas 69 linguas- e busca rescatar algunhas delas da extinción, a través dun proxecto de lei e actividades do Ministerio de Cultura.

    Fonte: TeleSur

    24 de abril de 2009

    O uso do galego na Administración de Xustiza "é marxinal", ata o punto de que unicamente o 3,5 % das resolucións xudiciais está redactada nese idioma, segundo dixo a Efe o portavoz de Xuíces para a Democracia en Galicia, Luis Villares.

    Fonte: AOL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder