Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de abril de 2009

    O Grupo Parlamentario Popular no Congreso presentou unha proposición de lei que pide que o castelán se estude en "proporcións equilibradas" ao resto das linguas cooficiais en comunidades como Galicia, Cataluña ou País Vasco, e que ademais establece circunstancias para eximir de estudar nas lenguas propias de cada comunidade.

    Fonte: EcoDiario

    22 de abril de 2009

    Varios colectivos de defensa e promoción do galego, como A Mesa pola Normalización Lingüística e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) criticaron, logo de coñecer a nova estrutura orgánica do executivo, a inclusión de Política Lingüística dentro de Educación.

    Fonte: Vieiros

    22 de abril de 2009

    O Goberno vasco en funcións aprobou un decreto para a habilitación de tradutores e intérpretes xurados co fin de "posibilitar a utilización do éuscaro e, ao mesmo tempo, situar esta lingua na vía para a súa equiparación co castelán" e outros idiomas.

    Fonte: Deia

    22 de abril de 2009

    A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago está a organizar un programa colaborativo de localización ao galego de aplicacións informáticas de software libre.

    Fonte: Código Cero

    22 de abril de 2009

    O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, asegurou que o feito de que haxa carteis en catalán nas escolas fomenta o uso do catalán pero non o impón.

    Fonte: Avui

    22 de abril de 2009

    España traballará durante a súa presidencia da UE no primeiro semestre de 2010 para que o castelán se converta en "lingua habitual de traballo" nas institucións comunitarias, avanzou a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel.

    Fonte: Europa Press

    21 de abril de 2009

    O Concello de Durango concederá a empresas e asociacións subvencións para a instalación de rótulos exteriores en éuscaro e para a creación de páxinas web neste idioma.

    Fonte: Deia

    21 de abril de 2009

    Caja Vital asinou un convenio coa asociación Araba Euskaraz e coa Federación de Ikastolas deste territorio, mediante o cal a entidade financeira destinará 70.000 euros para a promoción do éuscaro a través de actividades lúdico-festivas, educativas, culturais e deportivas.

    Fonte: Soitu

    21 de abril de 2009

    218 traballadores teñen que mellorar o seu nivel actual para seguir desempeñando as mesmas funcións que agora. Crearanse comisións para facer un seguimento do plan.

    Fonte: Diario Vasco

    21 de abril de 2009

    O ministro do Interior iraquí, Jawad Boulani, afirmou que a lingua kurda figurará xunto co árabe e o inglés no novo pasaporte iraquí.

    Fonte: UAE Daily News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder