A Xincana, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, enmarcada na campaña “En galego, tes todo por vivir. Tócache!”, chega esta fin de semana á cidade de Ourense.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xincana, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, enmarcada na campaña “En galego, tes todo por vivir. Tócache!”, chega esta fin de semana á cidade de Ourense.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntas Spreadthesign, unha web internacional que recolle ata a data máis de 20.000 expresións en linguas de signos de once países, entre eles España.
Fonte: Diario Signo
Feijóo ratificou que o seu Goberno abolirá o decreto que aprobou o bipartito sobre o uso do galego no ensino. O presidente entrante atacou a xestión da Xunta nesa materia, na que avogou por un «bilingüismo cordial».
Fonte: La Voz de Galicia
A Fundación Nacional do Indio (Funai) lanzou en Brasilia o programa de Documentación de Linguas e Culturas Indíxenas Brasileiras. O obxectivo da iniciativa é fortalecer cerca de 20 linguas nativas que están correndo o risco de desaparecer.
Fonte: ComuniWeb
A coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, constituída recentemente en Santiago, iniciou a recollida de firmas en defensa do decreto do galego no ensino non universitario, cuxa derrogación anunciou Alberto Núñez Feijoo.
Fonte: La Voz de Galicia
Con diversas accións programadas para os vindeiros días, o Consello d´a Fabla Aragonesa pretende impulsar a presenza pública desta lingua. Entre estas actividades atópase unha serie de faladoiros en aragonés.
Fonte: Radio Huesca
O informe "Les llengües de la docència en la Universitat Jaume I" (As linguas da docencia na Universidade Jaume I) correspondente ao actual curso reflicte síntomas de recuperación no uso do valenciano como lingua vehicular nas clases. Pese a isto, aínda restan algunhas tendencias que corrixir.
Fonte: Las Provincias
A Mesa pola Normalización Lingüística de Ferrol criticou que a publicidade escrita da Semana Santa desa cidade "emprega, un ano máis, o castelán en exclusiva como lingua de comunicación, e exclúe calquera presenza significativa do galego".
Fonte: Galicia Hoxe
"En tanto que instrumento de comunicación, as linguas africanas deben participar obrigatoriamente na construción da aldea global en curso", é o aviso dun dos participantes no Cumio das Institucións Culturais de África e da diáspora africana que se celebrou en Yaoundé.
Fonte: Xinhuanet
A comisión de Educación aprobou, coa oposición de Unión del Pueblo Navarro, unha resolución pola que se insta o Goberno de Navarra a valorar a implantación dunha emisora de radio que emita integramente en éuscaro.
Fonte: Finanzas
Subscríbase ao boletín