Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de abril de 2009

    A Dirección Xeral de Política Lingüística das Illas Baleares publicou no Boletín Oficial de Baleares (BOIB) a convocatoria para conceder axudas destinadas á prensa escrita integramente en catalán.

    Fonte: Europa Press

    14 de abril de 2009

    Un total de 2.398 adultos acoden a clases regradas de éuscaro fóra de Euskadi, igual que mil menores de 16 anos que asisten a clases de lingua vasca fóra do País Vasco, segundo datos do Goberno desta comunidade.

    Fonte: El País

    14 de abril de 2009

    A Deputación de Álava acaba de poñer en marcha un novo plan para normalizar o uso do éuscaro que incidirá na formación do persoal, pero tamén na utilización desta lingua nas campañas, actos públicos e contratacións que realiza a institución.

    Fonte: Noticias de Álava

    14 de abril de 2009

    A Generalitat de Catalunya impuxo sancións por valor de 43.500 euros a compañías aéreas que operan en Barcelona por non utilizar o catalán nas súas comunicacións cos clientes no marco dunha campaña de inspección de 2006.

    Fonte: Europa Press

    14 de abril de 2009

    A XXVI Semana Galega de Filosofía, baixo o título Filosofía e educación, arrancou en Pontevedra con dous temas polémicos: o papel da lingua galega no sistema educativo e o Plan Boloña.

    Fonte: El País

    14 de abril de 2009

    A profesora nicaraguana Hazel Wilson viaxou a Suíza para intercambiar experiencias en materia de plurilingüismo e para expoñer o ideario dunha zona que busca saír da pobreza pola vía da educación.

    Fonte: Swissinfo

    14 de abril de 2009

    Estudantes de lingua e cultura galegas do Centro de Estudos Galegos da Universidade de París e de colexios e institutos de primaria e secundaria do Bierzo inician as súas estadías en Galicia, no marco de dúas viaxes organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de abril de 2009

    A Obra Cultural Balear (OCB) e IB3 producirán proximamente programas dunha maneira conxunta co obxectivo de favorecer a normalización da lingua catalá no arquipélago balear.

    Fonte: Europa Press

    13 de abril de 2009

    Este observatorio permitirá a elaboración dun cadro xeral permanente sobre a evolución da situación do francés no mundo. Os datos poranse a disposición da Organización Internacional da Francofonía como complemento das análises e estudos que lles permitan aos xefes de estado e de goberno tomar decisións estratéxicas a fin de desenvolver medidas en favor da promoción do francés.

    Fonte: Le Courrier du Vietnam

    13 de abril de 2009

    Por primeira vez en cerca de 20 anos, China lanzará unha lista modificada de ideogramas do mandarín simplificados, coa finalidade de estandarizar aínda máis o idioma usado por billóns de persoas no mundo.

    Fonte: CRI

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder