Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de abril de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística desvelou a resolución do xurado na que figuran os nomes dos gañadores dos dous concursos convocados para fomentar a creatividade en lingua galega a través da rede.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de abril de 2009

    O Goberno Vasco e a canle de televisión EITB asinaron un convenio coa empresa Google que permitirá utilizar o correo electrónico en éuscaro e realizar buscas de alta calidade en internet no devandito idioma. O acordo pretende impulsar a incorporación da lingua vasca á novas tecnoloxías da comunicación.

    Fonte: Diario Vasco

    06 de abril de 2009

    A Korrika, carreira en favor do éuscaro, cerrou na praza da Virgen Blanca de Vitoria a súa 16ª edición instando a usar a diario esta lingua, máis alá de aprendela.

    Fonte: El País

    06 de abril de 2009

    Superar o escaso dominio das linguas estranxeiras, e sobre todo do inglés, é un dos principais obxectivos da Administración educativa galega. Pero, a pesar de que desde hai anos se adiantou o ensino deste idioma a idades cada vez máis temperás (xa desde infantil), Galicia segue sendo unha das comunidades onde menos porcentaxe de alumnado cursa a lingua de Shakespeare.

    Fonte: La Voz de Galicia

    06 de abril de 2009

    A Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra (UPF) e Linguamón – Casa das Linguas acaban de crear o Premio Linguamón-UPF co obxectivo de incentivar a investigación no ámbito das linguas e a linguaxe.

    Fonte: Linguamón

    06 de abril de 2009

    A deputada do Grupo Coalición por Melilla (CPM), Dunia Al-Mansouri, informou recentemente de que a súa formación, a través de Izquierda Unida no Congreso, instou hai varios meses o Goberno de España para que o estudo da lingua tamazight sexa unha materia optativa para os alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

    Fonte: Melilla Hoy

    06 de abril de 2009

    O Instituto Estatal de Educación para Adultos (IEEA) deu a coñecer que aproximadamente o 80 % da xente nova que fala mixteco non o escribe, a consecuencia de que para moitos xa non é unha prioridade entre outros factores polo pouco apoio dos centros educativos.

    Fonte: NSS Oaxaca

    03 de abril de 2009

    Para o investigador Gustavo Benavides Benavides, da Benemérita Universidade Autónoma de Puebla (BUAP), o náhuatl é unha lingua materna que se está perdendo no país por varios factores, principalmente porque non hai unha política oficial.

    Fonte: SDP Noticias

    03 de abril de 2009

    O requisito do emprego do galego para poder optar a algunhas das axudas que concede a Deputación de Lugo ao movemento asociativo xerou un forte enfrontamento entre o Goberno bipartito da institución (formado por PSOE e BNG) e o PP.

    Fonte: El Progreso

    03 de abril de 2009

    A radiotelevisión pública turca TRT comezou as emisións de radio en linguas kurda e armenia.

    Fonte: Armenews

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder