Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de abril de 2009

    A Unesco e a Comisión Nacional Chinesa para a Unesco organizaron recentemente un encontro internacional co obxectivo de reunir unha serie de expertos en materia de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e aprendizaxe de linguas. O obxectivo da reunión foi, por un lado, explorar o potencial das TIC aplicado ás linguas e a didáctica e, por outro, crear unha nova rede internacional dedicada aos profesionais da ensinanza e aos alumnos.

    01 de abril de 2009

    O Grupo de Poetas de Bruxelas presentou nesta cidade unha versión da Constitución Europea en verso. Os 120 artigos do texto, o preámbulo, as disposicións transitorias e as adendas constitucionais foron traducidos a unha vintena de idiomas oficiais da UE. O galego é a única lingua empregada que non goza deste status.

    Fonte: Fundación Galicia Europa

    01 de abril de 2009

    A ancestral lingua indíxena maia que se fala na mexicana Península de Iucatán está en risco e en tan só un século podería desaparecer, advertiu nun comunicado o Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH).

    Fonte: La Nación

    01 de abril de 2009

    O viceministro de Educación de China, Zhang Xinsheng, pide cooperación na conservación das linguas do mundo, moitas das cales prevé que se deixen de usar a finais do século XXI.

    Fonte: SmartBrief

    01 de abril de 2009

    O PP criticou o Goberno balear por elaborar un plan de normalización lingüística que ten como obxectivo "evitar o bilingüismo" no sector deportivo das Ilas, e "impón a calquera entidade deportiva a dispoñer toda a súa documentación en catalán".

    Fonte: Europa Press

    01 de abril de 2009

    A Escola de Maxisterio da Universidade de Oviedo contará con especialidade de Lingua Asturiana nos plans de estudos resultantes da próxima reforma das súas ensinanzas.

    Fonte: El Comercio Digital

    01 de abril de 2009

    O presidente de Coalición por Melilla pediulle ao Goberno da Cidade Autónoma que adopte as medidas oportunas para protexer e potenciar a lingua tamazight despois da recomendación feita pola Unión Europea para convertela en lingua vehicular en Melilla.

    Fonte: Diario Sur

    01 de abril de 2009

    O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, anunciou a apertura dunha sede de representación da Generalitat de Catalunya en L'Alguer, despois de asinar un convenio para a promoción do uso social da lingua e a difusión da cultura catalá.

    Fonte: Avui

    31 de marzo de 2009

    A introdución do francés nas empresas quebequesas estáncase, a pesar dun aumento dos esforzos neste sentido, debido á mundialización e ao incremento da inmigración.

    Fonte: The Canadian Press

    31 de marzo de 2009

    Unha enquisa revelada polo Goberno balear pon de manifesto que tan só o 3,5% do persoal sanitario de Mallorca non comprende o catalán cando o interpelan directamente nesta lingua.

    Fonte: Diario de Mallorca

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder