Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de marzo de 2009

    O uso do galego no Bierzo avanza, pouco a pouco, pero sen pausa. Desde hai xa oito anos, os nenos da comarca leonesa poden estudar o idioma que desde sempre se fala nas súas aldeas.

    Fonte: La Opinión

    30 de marzo de 2009

    A primeira fase dun programa desenvolvido polo Gabinete de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo revela o pouco uso do galego entre os traballadores da institución provincial.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de marzo de 2009

    Melilla retomou os seus informativos en tamazight, lingua milenaria de orixe bérber que falan os musulmáns melilleses, na televisión pública da cidade autónoma.

    Fonte: Antena 3

    27 de marzo de 2009

    O Consello da Xunta aprobou a formalización de dous convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as empresas Motorola España e TCT Mobile Europe SAS, comercializadora da marca Alcatel, para a normalización lingüística no sector da telefonía móbil. Os acordos supoñen a renovación dos que xa se asinaran en setembro do ano pasado, coa novidade de que pasan a ser indefinidos, o que afianza o compromiso destas empresas coa galeguización deste sector.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de marzo de 2009

    O PP pedirá a retirada do plan de uso do éuscaro no Instituto Foral de Benestar Social xa que ao seu xuízo recolle unha serie de obrigas que «non están acordes coa realidade de Álava».

    Fonte: El Correo Digital

    27 de marzo de 2009

    A última reunión do Consello Escolar de Euskadi deixou patente os desacordos entre o Departamento de Educación, en mans de EA, e a área de Política Lingüística, que dirixe o PNV, pola esixencia do éuscaro a persoal educativo.

    Fonte: El Correo Digital

    27 de marzo de 2009

    Portugal e Cabo Verde deberán iniciar a aplicación do Acordo Ortográfico o 5 de maio, malia que a data sexa aínda "meramente indicativa", segundo afirmou á Axencia Lusa o ministro de Cultura caboverdiano.

    Fonte: Jornal Digital

    26 de marzo de 2009

    En Blusens Global Corporation, a multinacional galega de electrónica, “fixeron un esforzo por crear menús sinxelos e de manexo doado para todos os usuarios”, sen esquecer o galego como unha das linguas nas que poder configurar os sintonizadores TDT.

    Fonte: Código Cero

    26 de marzo de 2009

    A convocatoria de subvencións do Consell de Mallorca de 2009 destinadas á normalización lingüística de empresas privadas, concellos e entidades sen ánimo de lucro ascende este ano a 400.000 euros.

    Fonte: Soitu

    26 de marzo de 2009

    A décimo sexta edición da Korrika botará a andar o 26 de marzo en Tudela e acabará once días despois en Vitoria. É a primeira vez que a popular carreira organizada por AEK arrinca nesta localidade navarra.

    Fonte: El Correo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder