Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de marzo de 2009

    Un "selo" distinguirá as empresas do País Vasco que usan o éuscaro no seu papel de envoltorio, na súa roupa de traballo ou nas mensaxes dos contestadores telefónicos.

    Fonte: Expansión

    26 de marzo de 2009

    O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, inicia unha xira por China para consolidar os intercambios lingüísticos entre a Unión Europea (UE) e o país asiático e, deste modo, estreitar os vínculos entre ambos.

    Fonte: Terra

    26 de marzo de 2009

    Unhas 150 linguas e dialectos de Indonesia enfróntanse á extinción nun futuro próximo pola puxanza do idioma nacional, o indonesio, e o enquistamento da pobreza nas áreas rurais dun país que conta con preto de 800 idiomas.

    Fonte: ADN

    26 de marzo de 2009

    O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES da Pobra publicou a campaña "Por unha web social verdadeiramente multilingüe", coa que se pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerable abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen.

    Fonte: CTNL

    26 de marzo de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de dar un paso máis na proxección exterior da literatura galega coa tradución ao ruso da obra de Manuel Curros Enríquez.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de marzo de 2009

    A empresa Tecnocom asinou un contrato co Servizo Galego de Saúde para levar a cabo a implantación dun novo sistema de conversión de voz en galego e en castelán que será aplicado aos textos da páxina web do departamento autonómico.

    Fonte: Europa Press

    25 de marzo de 2009

    A Universidade de Perpiñán Via Domícia (UPVD) presentou un plan para formar mestres en lingua catalá na Cataluña do Norte, ante as carencias que existen neste ámbito nas comarcas setentrionais do país. O plan tamén pretende fomentar o ensino do catalán ante as urxencias que existen por recuperar o uso desta lingua.

    Fonte: Móndivers

    25 de marzo de 2009

    O secretario de Estado de Transportes, Fernando Palao, comprometeuse a falar coas compañías aéreas que operan en Cataluña para que incorporen o catalán na megafonía e o usen en tanto que lingua oficial en Cataluña, segundo un comunicado emitido pola Generalitat.

    Fonte: Europa Press

    25 de marzo de 2009

    O Parlamento de Cataluña conta cunha web plurilingüe que se pode consultar en linguas como o galego, o éuscaro, o occitano e o inglés, amais do catalán e castelán.

    Fonte: Código Cero

    25 de marzo de 2009

    O deputado de Esquerra no Congreso, Joan Tardà, solicitará na Comisión de Cultura que a canle Cultura de RTVE opere desde o centro de Sant Cugat e sexa unha canle multilingüe que emita nas catro linguas oficiais.

    Fonte: Finanzas.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder