Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de marzo de 2009

    O pleno do Parlamento Europeo rexeitou a resolución promovida polo PP que cuestiona o sistema catalán de inmersión lingüística na educación e aprobou un texto alternativo que resalta que é "esencial" salvagardar o multilingüismo nos países ou rexións en que coexistan dúas ou máis linguas oficiais.

    Fonte: Europa Press

    25 de marzo de 2009

    A Mesa pola Normalización Lingüística vén de habilitar na súa web un espazo para favorecer a adhesión directa ao Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego.

    Fonte: Código Cero

    25 de marzo de 2009

    A Comisión Nacional dos Dereitos Humanos (CNDH) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) asinaron un convenio para a protección e a difusión dos dereitos lingüísticos dos pobos e comunidades indíxenas de México.

    Fonte: Yahoo Noticias

    24 de marzo de 2009

    Estremadura iniciou unha campaña para promover que os cidadáns coñezan a lingua portuguesa, co obxecto de ampliar tanto a súa cultura como as posibilidades de negocio.

    Fonte: Jornal de Notícias

    24 de marzo de 2009

    A secretaria xeral en funcións de Política Lingüística inaugurou a exposición sobre o galego e o plurilingüismo mundial, que permanecerá na Sala Municipal Uxío Novoneyra de Lugo ata o 5 de abril. Na súa intervención, a responsable autonómica defendeu “o importante papel que xoga a mocidade para garantir o futuro do plurilingüismo”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de marzo de 2009

    Mestres do distrito Gali de Abxasia están afeitos desde hai tempo a traballar cun presuposto moi reducido. Para eles, o envío gratuíto de libros de texto novos é causa de alegría. A non ser que os libros estean en ruso.

    Fonte: Radio Free Europe

    24 de marzo de 2009

    O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, informou sobre a edición dunha guía de valenciano para alemáns ante a relevancia que ten este colectivo na Comunidade.

    Fonte: Las Provincias

    24 de marzo de 2009

    Nun cambio sorprendente unha coalición de eurodeputados liderada por Maria Badia (PES) e Mikel Irujo (EFA) e apoiada pola EBLUL presentou un informe alternativo sobre multilingüismo no Parlamento Europeo. A resolución alternativa pretende modificar, na votación plenaria do 26 de marzo, o controvertido informe presentado por Vasco Graça Moura (EPP).

    Fonte: Eurolang

    23 de marzo de 2009

    O tripartito quere que o dereito a estudar en castelán se reduza a un curso escolar, ben na etapa infantil ou en primaria. Pero CiU, impulsor da actual norma, non apoia o cambio e presentou unha emenda para que se manteñan as cosas tal e como están: dereito a estudar en castelán ata os oito anos.

    Fonte: El País

    23 de marzo de 2009

    Un estudo da Unidade para a Educación Multilingüe da Universidade de Alacant critica que a ausencia de oferta de liñas de ensino en valenciano por parte da Generalitat Valenciana impide que 92.000 nenos poidan estudar nesta lingua.

    Fonte: Món Divers

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder