Un requisito para ingresar como sacerdote do seminario de San Cristóbal será falar polo menos unha lingua indíxena, pois a maioría da poboación da diocese pertence a algunha etnia.
Fonte: La Jornada
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un requisito para ingresar como sacerdote do seminario de San Cristóbal será falar polo menos unha lingua indíxena, pois a maioría da poboación da diocese pertence a algunha etnia.
Fonte: La Jornada
A terceira edición do concurso por internet Lingua de @mor, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello vigués, premiará as mellores cancións e declaracións de amor escritas en galego.
Fonte: Galicia Hoxe
A pesar da súa importancia económica, as principais empresas do sector téxtil de Galicia non inclúen a lingua galega nas súas páxinas web. A meirande parte delas son bilingües en castelán e inglés.
Fonte: Vieiros
A canle francófona internacional TV5Monde anunciou o lanzamento dun servizo de internet de lingua francesa gratuíto para o teléfono móbil destinado a aprender este idioma de xeito lúdico.
Fonte: AFP
A entidade de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (Aena) responsabilizou as compañías aéreas da ausencia do catalán no uso da toponimia no Aeroporto de El Prat (Barcelona) alegando que a información se dá "de acordo con criterios establecidos polas propias compañías aéreas".
Fonte: Europa Press
Esquerra Republicana defende ante o Pleno do Congreso unha moción coa que persegue que a Cámara mostre o seu apoio ao modelo lingüístico catalán e inste o Goberno a presentar, no prazo dun mes, un calendario concreto para conseguir a plena normalización do uso das linguas cooficiais en toda a Administración Xeral do Estado ao longo desta lexislatura.
Fonte: Europa Press
A Asemblea Xeral da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acordou traballar co conxunto do movemento normalizador para renovar e actualizar o argumentario de defensa e promoción da lingua galega e para que o futuro goberno galego recúe nas súas anunciadas intencións de paralizar diversos proxectos de importancia para a normalización lingüística.
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha o concurso da campaña "Dálle uso... á lingua", cuxo prazo para presentar mensaxes rematará o luns 6 de abril de 2009.
Fonte: CTNL
A Plataforma pola Liberdade de Elección Lingüística do País Vasco considera que se Patxi López é lehendakari debe derrogar tres decretos que impoñen o éuscaro na escola vasca.
Fonte: EcoDiario
Un equipo de enxeñeiros traballa nun proxecto denominado “Tecnoloxía lingüística ao servizo da educación a pobos indíxenas” que ten como obxectivo salvar dúas linguas en perigo de extinción: o náhuatl e o quechua. A súa misión é ofrecer unha ferramenta de acceso á información de internet a todas as comunidades do planeta que falen algún destes dous idiomas.
Fonte: La Gaceta
Subscríbase ao boletín