Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de marzo de 2009

    O lingüista Domingos Lopes animou as mulleres da Igrexa Metodista a crear o hábito de usar as linguas vernáculas nas súas casas.

    Fonte: Agência Angola Press

    20 de marzo de 2009

    A Real Academia Galega (RAG) acaba de distribuír o segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04), correspondente aos usos lingüísticos, e no que se constata un forte descenso do uso do galego nos últimos anos.

    Fonte: CTNL

    20 de marzo de 2009

    Incentivar a edición en lingua galega de textos especializados, para dar así resposta ás demandas de públicos diferentes, é o obxectivo primordial que a Secretaría Xeral de Política Lingüística se marcou cando decidiu financiar a posta en marcha de dúas novas coleccións de libros.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2009

    O Consello da Xunta aprobou a formalización dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Nokia Spain, S.A.U., para a normalización lingüística no sector da telefonía móbil.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de marzo de 2009

    As cifras amosan que máis de medio millón de mozos do Reino Unido ten como lingua inicial un idioma distinto do inglés, o que supón un 14,3 % do total.

    Fonte: Telegraph

    18 de marzo de 2009

    Singapur posúe o privilexio de ter unha comunidade de falantes de mandarín e este idioma debe converterse na lingua común dos habitantes de Singapur chineses. Así se indica nunha nova campaña en favor do mandarín que xa se leva facendo dende o ano 1979.

    Fonte: French Xinhuanet

    18 de marzo de 2009

    Case a metade dos nenos kurdos desprazados en Turquía non pode asistir á escola e outras minorías enfróntanse á discriminación institucional na educación, segundo afirmou un informe. Os nenos kurdos, así como doutros grupos étnicos, que asisten ás escolas públicas non poden estudar na súa lingua materna.

    Fonte: International Herald Tribune

    18 de marzo de 2009

    En 2013, cando vexa a luz a vixésimo terceira edición do dicionario da Real Academia Española (RAE), "tonto" xa non será sinónimo de "galego". Dentro dun par de meses, na páxina de internet (www.rae.es) xa se indicará que o artigo está emendado.

    Fonte: El País

    18 de marzo de 2009

    O Goberno vasco en funcións aprobou, na súa reunión semanal, unha subvención de 5,6 millóns para euscaldunizar docentes dos colexios privados.

    Fonte: El Correo Digital

    18 de marzo de 2009

    O Comité de Ministros do Consello de Europa publicou o luns 16 de marzo o segundo informe sobre a situación das linguas rexionais de Austria. Este informe foi elaborado por un comité de expertos independentes que supervisa a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Eurolang

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder