Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de marzo de 2009

    A Mesa pola Normalización Lingüística concéntrase o mércores, 1 de abril, ante o Parlamento de Galicia para reivindicar que se adopten medidas en defensa do galego e que, na nova lexislatura, non se produzan involucións na garantía dos dereitos lingüísticos.

    Fonte: El Progreso

    31 de marzo de 2009

    O Concello distribuirá carteis con termos e frases en éuscaro a 1.600 establecementos de catro gremios diferentes -hostalería, froiterías e tendas de verduras, carnicerías e peixerías- para que, baixo o lema ¡Proba en éuscaro!, clientes e comerciantes se animen a utilizar esta lingua nas súas compras.

    Fonte: Diario Vasco

    31 de marzo de 2009

    É a primeira vez que un grupo parlamentario presenta unha proposta deste tipo, que foi impulsada polo Colexio de Médicos de Tenerife, desde onde se detectaron polo menos 17 casos de médicos contratados que non saben expresarse en español.

    Fonte: Madrid Digital

    31 de marzo de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Ineo, teñen ultimado o primeiro curso en liña de lingua galega, deseñado para a preparación da obtención do Certificado de Lingua Galega no seu primeiro nivel, o Celga 1.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de marzo de 2009

    O Ano da Lingua Rusa lanzouse oficialmente en China o venres 27. Durante unha cerimonia no Gran Salón do Pobo en Pequín, os organizadores anunciaron o calendario para o proxecto de intercambio cultural deste ano.

    Fonte: CCTV.com

    30 de marzo de 2009

    O Consello de Goberno das Baleares aprobou o decreto que regulará o coñecemento do catalán no ámbito sanitario, pese á forte polémica que rodea esta normativa.

    Fonte: Diario de Mallorca

    30 de marzo de 2009

    A Fundación Vía Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e que ten entre as súas funcións fomentar a presenza da nosa lingua nos territorios do galego estremeiro, organizou un concerto de música infantil para as nenas e nenos do Val das Ellas, en Estremadura.

    Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

    30 de marzo de 2009

    Potenciar o uso da lingua galega e facelo dun xeito ameno e interactivo. Ese é o principal obxectivo que persegue a Xincana, unha nova actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se desenvolverá en centros comerciais de cinco cidades galegas durante os meses de abril e maio.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de marzo de 2009

    A hipotética supresión da norma que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo por parte de Núñez Feijóo terá en fronte o profesorado encargado do fomento do idioma nos centros de ensino.

    Fonte: Xornal.com

    30 de marzo de 2009

    Os pais e nais de Ermua contan na páxina web do departamento municipal de Éuscaro con diversos consellos para fomentar o uso deste idioma desde a casa.

    Fonte: El Correo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder