Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de abril de 2009

    O Departamento de Xustiza e o Consello dos Ilustres Colexios de Avogados de Barcelona iniciaron o despregamento do Plan de calidade lingüística para despachos de avogados co fin de fomentar o catalán.

    Fonte: Noticias.info

    13 de abril de 2009

    Amnistía Internacional presenta en Chile a Declaración Universal de Dereitos Humanos traducida aos idiomas mapudungun, aimará e rapa nui, en distintos arquivos de audio, para promover a súa difusión entre as comunidades indíxenas.

    Fonte: Soitu

    13 de abril de 2009

    A Área de Éuscaro do Concello de Bilbao puxo en marcha unha campaña para impulsar a matriculación en éuscaro en bacharelato e formación profesional. Para isto, enviará preto de 2.700 folletos informativos aos domicilios dos mozos bilbaínos matriculados este curso en 4º de ESO.

    Fonte: Deia

    13 de abril de 2009

    O Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos de Baleares atendeu durante o pasado ano un total de 284 usuarios, que solicitaron na súa maior parte axuda nos trámites médicos, cifra que supón preto dun 50 por cento máis de persoas atendidas desde que o servizo se creou en 2005.

    Fonte: Europa Press

    13 de abril de 2009

    O Instituto Cervantes realizou máis de 200 actividades de promoción da lingua galega, ademais de organizar cursos de divulgación e para a súa correcta aprendizaxe no período comprendido entre 2005 e 2008.

    Fonte: Europa Press

    13 de abril de 2009

    Un total de 113 alumnos e alumnas de primaria e secundaria da comarca do Bierzo, en León, inician unha visita a Galicia, dentro do programa de estudos de galego que realizan nos seus centros de ensino.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de abril de 2009

    O Consello da Xunta aprobou a formalización dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Sony Ericsson Mobile Communications Iberia SL, para a normalización do galego no sector da telefonía móbil.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de abril de 2009

    O uso social do valenciano inicia a súa recuperación nas cidades medias da Comunidade Valenciana. Alcoi e Gandia encabezan a lista de localidades nas que a lingua parou a recesión iniciada no século XIX como consecuencia do asentamento da burguesía nas cidades.

    Fonte: El País

    08 de abril de 2009

    Máis do 30 % dos alumnos de primaria no País Vasco francés reciben un ensino bilingüe vasco-francés, o que significa un aumento do 6% respecto ao ano anterior, segundo un informe da Oficina Pública da Lingua Vasca (OPLB).

    Fonte: EcoDiario

    08 de abril de 2009

    Promover o ensino do portugués como lingua estranxeira é o obxectivo con que o Estado portugués comezou a apoiar a entrada da Universidade Lusófona na República Democrática do Congo.

    Fonte: JPN

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder