Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de abril de 2009

    Hai corenta anos, New Brunswick aprobou a Lei de linguas oficiais, que cambiou o curso da historia da provincia e desencadeou un debate cultural e social que aínda continúa hoxe.

    Fonte: Edmonton Sun

    17 de abril de 2009

    O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con Galicia Hoxe, convocou o V Premio a artigos xornalísticos normalizadores co obxectivo de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, a súa presenza nos medios escritos e crear espazos nos xornais para analizar e promover o seu uso.

    Fonte: Galicia Hoxe

    17 de abril de 2009

    O asturleonés, o aragonés e o aranés son tres linguas con recoñecementos legais diferentes que demostran que a realidade lingüística do Estado español vai moito máis alá dos idiomas oficialmente recoñecidos polos seus respectivos estatutos de autonomía. O Avui preparou unha serie de reportaxes sobre estas realidades descoñecidas.

    Fonte: Avui

    17 de abril de 2009

    A lingua portuguesa poderá ensinarse proximamente nas escolas do ensino de base de Zambia, segundo anunciou en Luanda o ministro zambiano para os Asuntos da Presidencia, Ronald Mukuma.

    Fonte: Panapress

    17 de abril de 2009

    A Coordinadora 'Aragón ye trilingüe' convocou unha manifestación o próximo 16 de maio para reivindicar a igualdade do aragonés, o castelán e o catalán na comunidade autónoma e esixir o recoñecemento dos dereitos dos falantes das tres a expresarse nestas linguas.

    Fonte: Ya.com

    16 de abril de 2009

    Acción Cultural do País Valenciano (ACPV) poñerá en funcionamento o denominado Telèfon de la Llengua (Teléfono da Lingua), un servizo de asesoramento telefónico orientado a garantir os dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano.

    Fonte: Món Divers

    16 de abril de 2009

    O Senado brasileiro lanzou o día 15 de abril, na Biblioteca Acadêmico Luiz Viana Filho, unha guía impresa en braille do Novo Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.

    Fonte: Senado Federal

    16 de abril de 2009

    Recoñecida pola Unesco como unha lingua "definitivamente en perigo de extinción", o arameo conta con só 7000 falantes en Maaloula (Siria) e con arredor de 8000 en dúas vilas próximas. Pero as cousas están mellorando, sobre todo desde que a Universidade de Damasco fundou a súa academia da lingua, coa axuda do Goberno.

    Fonte: Irish Times

    16 de abril de 2009

    A EBLUL lanzou un novo comité dun estado membro en Letonia. O día 4 de abril, en Irē (Mazirbe, en letonio), a capital livonia, representantes das linguas rexionais e minoritarias de Letonia (livonio, latgalio, ruso e võro) fundaron a Oficina Letoa para as Linguas Menos Usadas (LatBLUL).

    Fonte: Eurolang

    16 de abril de 2009

    Comisións Obreiras, UXT, CIG e a Confapa (Confederación Galega de APA de Centros Públicos) coinciden en que é "escolarmente imposible" que as familias teñan liberdade para decidir.

    Fonte: El País

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder