Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de abril de 2009

    Varios colectivos de defensa e promoción do galego, como A Mesa pola Normalización Lingüística e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) criticaron, logo de coñecer a nova estrutura orgánica do executivo, a inclusión de Política Lingüística dentro de Educación.

    Fonte: Vieiros

    22 de abril de 2009

    O Goberno vasco en funcións aprobou un decreto para a habilitación de tradutores e intérpretes xurados co fin de "posibilitar a utilización do éuscaro e, ao mesmo tempo, situar esta lingua na vía para a súa equiparación co castelán" e outros idiomas.

    Fonte: Deia

    22 de abril de 2009

    A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago está a organizar un programa colaborativo de localización ao galego de aplicacións informáticas de software libre.

    Fonte: Código Cero

    22 de abril de 2009

    O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, asegurou que o feito de que haxa carteis en catalán nas escolas fomenta o uso do catalán pero non o impón.

    Fonte: Avui

    22 de abril de 2009

    España traballará durante a súa presidencia da UE no primeiro semestre de 2010 para que o castelán se converta en "lingua habitual de traballo" nas institucións comunitarias, avanzou a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel.

    Fonte: Europa Press

    21 de abril de 2009

    O Concello de Durango concederá a empresas e asociacións subvencións para a instalación de rótulos exteriores en éuscaro e para a creación de páxinas web neste idioma.

    Fonte: Deia

    21 de abril de 2009

    Caja Vital asinou un convenio coa asociación Araba Euskaraz e coa Federación de Ikastolas deste territorio, mediante o cal a entidade financeira destinará 70.000 euros para a promoción do éuscaro a través de actividades lúdico-festivas, educativas, culturais e deportivas.

    Fonte: Soitu

    21 de abril de 2009

    218 traballadores teñen que mellorar o seu nivel actual para seguir desempeñando as mesmas funcións que agora. Crearanse comisións para facer un seguimento do plan.

    Fonte: Diario Vasco

    21 de abril de 2009

    O ministro do Interior iraquí, Jawad Boulani, afirmou que a lingua kurda figurará xunto co árabe e o inglés no novo pasaporte iraquí.

    Fonte: UAE Daily News

    21 de abril de 2009

    O ministro español de Educación, Ángel Gabilondo, e a súa homóloga portuguesa, María Lourdes Rodrigues, anunciaron en Lisboa, que "en breve" se asinará en Mérida un "convenio marco" para que se dean as condicións da ensinanza do portugués en España e viceversa.

    Fonte: Antena 3

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder