Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de febreiro de 2009

    Os provedores de gas, electricidade e auga poderían estar obrigados por lei a ofrecer os seus servizos en galés de acordo cun proxecto de lei publicado polo Goberno da Asemblea de Gales o 2 de febreiro.

    Fonte: The Independent

    03 de febreiro de 2009

    O Consello de Europa eloxia a creación de ELEBIDE (Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos) e anima as autoridades vascas a perseverar na normalización do éuscaro na Ertzaintza e Osakidetza (Sanidade vasca). Así mesmo, chama a atención sobre as carencias da Administración de Xustiza e a Administración do Estado.

    Fonte: Euskadi.net

    03 de febreiro de 2009

    Estase impulsando unha campaña para conseguir un dominio de alto nivel para a comunidade lingüística e cultural córnica, nun intento por emular os éxitos obtidos noutras campañas que se están levando a cabo na actualidade no Reino Unido.

    Fonte: Eurolang

    03 de febreiro de 2009

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior, que se celebrarán nas escolas oficiais de idiomas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo ao longo deste ano. Estes seminarios impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo e a segunda en outubro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de febreiro de 2009

    O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística en Cedeira advirte dun “serio retroceso” nos usos formais que no ámbito público fai do galego o Concello no que é un dos principais núcleos de poboación da comarca do Ortegal.

    Fonte: Xornal.com

    02 de febreiro de 2009

    O hospital de Xetafe conta desde marzo do pasado ano cun servizo de interpretación instantáneo ante o crecente número de inmigrantes. Pódense elixir ata 60 idiomas, en horario de oficinas e as 24 horas ao día na tradución de chinés, romanés e árabe.

    Fonte: Gente

    02 de febreiro de 2009

    O PP do País Vasco incluíu un vídeo no portal de internet Youtube no que critica abertamente a política lingüística do Goberno vasco e o "silencio cómplice" dos socialistas.

    Fonte: El Periódico

    02 de febreiro de 2009

    A Comisión que está a elaborar os novos estatutos da Universidade de Oviedo rexeitou a proposta que a profesora Paz Andrés presentou na primeira reunión da Comisión na que se pedía “o uso do asturiano como lingua propia da Universidade de Oviedo".

    Fonte: Asturies.com

    02 de febreiro de 2009

    O tradutor de Google engadiu novos idiomas entre os que se atopa o galego. Desta forma, desde este momento pódese converter textos desde e ata o galego desde outra lista que xa supera os 25 idiomas.

    Fonte: Ojo Buscador

    02 de febreiro de 2009

    Fomentar a creatividade en lingua galega aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías da comunicación é un dos principais obxectivos que persegue a Secretaría Xeral de Política Lingüística co desenvolvemento de diversas iniciativas na rede. O departamento que dirixe Marisol López convida á cidadanía a participar nos concursos, xogos e outras experiencias interactivas que nestes momentos se atopan en marcha en internet. Todas estas iniciativas enmárcanse na campaña En galego, tes todo por vivir.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder