Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de febreiro de 2009

    O PP de Galicia apoia explicitamente unha mobilización da agrupación Galicia Bilingüe. Aínda que o 8 de febreiro, día da manifestación en Santiago, Núñez Feijóo estará en campaña en Bos Aires, a número dous do PP por Pontevedra, Corina Porro, afirmou que o secretario xeral dos populares, Alfonso Rueda, asistirá á protesta.

    Fonte: El País

    02 de febreiro de 2009

    Aínda que o Parlamento vasco estea disolto, esta semana volverá reeditar un debate recorrente a pasada lexislatura: o éuscaro como lingua principal na educación. Neste caso será no seo da Deputación Permanente, o órgano que dirixe a Cámara mentres está disolta e ata que se constitúe de novo.

    Fonte: El País

    02 de febreiro de 2009

    O departamento que dirixe Alejandro Font de Mora segue adiante coa súa aposta polo inglés nas escolas, despois de que a "ocorrencia" de obrigar a traducir a esta lingua as clases de Educación para a Cidadanía sen poñer máis especialistas nin medios materiais, tivese un rexeitamento masivo entre os pais e profesores deixando sen efecto a orde cara ao final do primeiro trimestre lectivo.

    Fonte: El País

    02 de febreiro de 2009

    A Cidade Autónoma de Melilla, a través da Consellería de Presidencia e Participación Cidadá, e a UNED alcanzaron un acordo polo que o tamazight será incluído no programa de estudos universitarios desta entidade, o que permitirá que esta lingua milenaria de orixe bérber obteña un importante recoñecemento académico.

    Fonte: Melilla Hoy

    30 de xaneiro de 2009

    A Asociación Galega de Opositores esixe que a Xunta elabore unha nova lista de interinos e substitutos para o presente curso académico na que se teñan en conta os resultados do proceso selectivo de 2008 para o acceso aos corpos docentes, á vez que solicita que se expulse da listaxe as persoas que non acreditaron o coñecemento de galego.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de xaneiro de 2009

    Catro de cada dez donostiarras xa son euscaldúns. Esta é a principal conclusión que ofrecen os datos do Eustat referidos ao período 2001-2006 que foron presentados pola concelleira de Igualdade, Política Lingüística e Cooperación de San Sebastián, Ainhoa Beola.

    Fonte: Diario Vasco

    30 de xaneiro de 2009

    O documento Bases para a política lingüística de principios do século XXI é un relatorio que se porá en mans dos partidos políticos que sustenten o próximo Goberno vasco, así como das demais formacións, coa intención de que renoven o actual Plan xeral de promoción do uso do éuscaro, que xa ten dez anos.

    Fonte: El País

    30 de xaneiro de 2009

    A enciclopedia en internet máis consultada do mundo, Wikipedia, xa posúe a versión en idioma guaraní na súa extensa lista de 264 idiomas dispoñibles, revelou o pasado xoves 29 de xaneiro a axencia informativa IPP do Goberno paraguaio.

    Fonte: Terra

    30 de xaneiro de 2009

    Co propósito de preservar e fortalecer a lingua zapoteca, na rexión da Sierra Juárez lévase a cabo un programa de rescate e difusión co apoio de profesores bilingües e no cal se involucra a persoas de diferentes xeracións, informou o deputado local pola zona, Adrián Méndez Cruz. Sinalou que nesa parte do estado de Oaxaca se falan catro variantes do zapoteco e o que se pretende é rescatar a forma orixinal desta lingua, que co paso do tempo se foi deformando.

    30 de xaneiro de 2009

    O ministro de Cultura portugués, que cumpre un ano de mandato, quere que o Acordo Ortográfico sexa aplicado "o máis tardar o 1 de xaneiro de 2010 a nivel oficial e en todos os medios de comunicación". Nunha entrevista á axencia Lusa, Pinto Ribeiro reafirmou a importancia do Acordo Ortográfico para a estratexia que o seu ministerio pretende desenvolver.

    Fonte: RTP

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder