Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de maio de 2023

    A Xunta de Galicia vén de convocar novas prazas de lectorados para reforzar o ensino da lingua, literatura e cultura galegas en tres comunidades autónomas e oito países estranxeiros para o 2023. Así se recolle no Diario Oficial de Galicia, que publicou a convocatoria de 14 prazas, das cales 11 son para persoal bolseiro e tres para persoal contratado, ás que se destina un investimento de máis de 550.000 euros.

    13 de maio de 2023

    Un número cada vez maior de escolas estonianas está mostrando interese por introducir o ensino da lingua finesa no currículo. A razón radica na proximidade xeográfica e nos estreitos lazos culturais que existen entre Estonia e Finlandia.

    Fonte: ERR

    12 de maio de 2023

    A vila galesa de Caernarfon acolleu unha protesta para demandar maior protección para as comunidades de lingua galesa e para esixir unha regulación do mercado inmobiliario das segundas residencias.

    Fonte: The Guardian

    12 de maio de 2023

    O rei Mohammed VI anunciou que a partir de 2024, o Novo Ano Tamazight, o día 5 de maio, será festivo nacional en Marrocos.

    Fonte: Nationalia

    12 de maio de 2023

    A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia considera que a creación dunha macrorrexión atlántica debe aproveitarse para darlles visibilidade e revitalizar as linguas minorizadas como o galego, o asturiano, o éuscaro, o occitano ou o bretón.

    Fonte: Deia

    12 de maio de 2023

    O número de estudantes de fóra de Cataluña que se matricularon nos cursos de nivel inicial de lingua catalá da Universidade de Barcelona pasou de 264 do curso 2021-22 aos 604 do actual.

    Fonte: La Vanguardia

    12 de maio de 2023

    A Deputación de Pontevedra destinará 125 000 euros a apoiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais dos concellos de Valga, Ponteareas, Moaña, A Cañiza e O Porriño neste exercicio de 2023.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    12 de maio de 2023

    A Xunta inaugurou na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura a exposición «Francisco Fernández del Riego. A cultura galega como motivo de vida», co gallo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas dedicadas ao autor.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de maio de 2023

    O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, João Laurentino Neves, identificou o grao de escolarización e as novas tecnoloxías como os maiores desafíos que ten a lingua portuguesa no mundo.

    Fonte: Balai

    11 de maio de 2023

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar o XI Certame de relatos breves para celebrar o Día das Letras Galegas entre a rapazada incentivando o pensamento creativo e a escrita en lingua galega.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder