A Xunta de Galicia e Supermercados Gadis veñen de ratificar un acordo de colaboración para promover o uso da lingua galega entre a mocidade nas plataformas dixitais. O convenio, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi asinado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Márketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A embaixada de Alemaña en Bucarest destinará 900 000 euros á promoción do ensino do alemán entre a comunidade alemá de Romanía.
Fonte: Romania Insider
O Departamento de Estatística Institucional da Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento da Universidade Autónoma de Aguascalientes, en México, realizou un estudo sociolingüístico que revelou que polo menos 55 estudantes falan unha lingua indíxena mexicana.
Fonte: El Clarinete
Malia o importante impulso do éuscaro respecto do seu coñecemento entre a poboación, obsérvase unha caída na transmisión desta lingua no ámbito familiar. Por este motivo, o Goberno vasco quere impulsar un plan que contribúa á transmisión lingüística desde a xestación ata a escola.
Unha delegación da comunidade lingüística flamenga de Bruxelas está de visita en Euskadi para, ao longo de cinco días, manter varias reunións para coñecer a situación do éuscaro e as políticas públicas de promoción desta lingua nos ámbitos institucional, educativo ou económico.
A Semana das Letras Asturianas conclúe cun movemento de reivindicación lingüística que reclama a reforma do Estatuto de Autonomía e a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano para a próxima lexislatura.
Fonte: El Salto
O estudo do Instituto de Estatística de Navarra (Nastat) reflicte a competencia lingüística en éuscaro da poboación residente en Navarra no ano 2021 e especifica que a porcentaxe de persoas que entenden e falan ben esta lingua é de 14,9 %, a de persoas que a entenden ben ou con dificultade pero non a falan ou o fan con dificultade é de 11,6 % e a de persoas non vascofalantes, de 73,5 %.
Fonte: La Vanguardia
Este certame ten como obxectivo fomentar a creatividade do alumnado universitario e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras deste ámbito da cultura.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do premio convocado pola Xunta de Galicia Concurso-Exposición Letras Galegas 2023, na categoría Infantil e Primaria, ao colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Decenas de personalidades de toda a lusofonía adheríronse ao proxecto "Cidadania da Língua Portuguesa", unha iniciativa da Asociación Portugal-Brasil 200 anos.
Fonte: Expresso50
Boletín
Subscríbase ao boletín



