A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha o novo programa pedagóxico ‘Educa Audiovisual’ para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha o novo programa pedagóxico ‘Educa Audiovisual’ para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no primeiro Encontro Lusófono promovido desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de Lingua Galega e Literatura, así como de Xeografía e Historia, do Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo coa colaboración da Xunta de Galicia.
O IV Certame de Poesía e Microrrelato enmárcase na programación de Cabanas para celebrar o Día das Letras Galegas e ten como obxectivo fomentar o uso e o prestixio da lingua galega.
Fonte: Concello de Cabanas
Ambas as entidades subscribiron un protocolo xeral de actuación para a promoción do coñecemento histórico, bibliográfico, artístico, documental ou literario das comarcas leonesas.
Fonte: Info Radio Montaña Leonesa
A CE comprométese a estudar fórmulas para integrar o galego, o catalán e o éuscaro nesta plataforma destinada a axudar aos participantes do programa Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade a mellorar os seus coñecementos dunha lingua.
Fonte: Galicia Press
A rúa Menorca de Lugo acolle o paseo das Palabras do Ano, onde se vén de instalar «comadre», escollida no 2022 a través do Portal das Palabras nunha iniciativa que pretende que a cidadanía galega escolla cada decembro un termo en galego.
Fonte: Nós Diario
No marco das celebracións do Día Mundial da Lingua Portuguesa, o secretario de Estado de Asuntos Exteriores e Cooperación de Portugal, Francisco André, resaltou a proxección internacional do portugués e vaticinou que para o ano 2050 o portugués terá 400 millóns de falantes.
Fonte: ONU News
O día 5 de maio todos os países lusófonos do mundo conmemoran o Día Mundial da Lingua Portuguesa, efeméride proclamada pola Unesco en 2019. Para conmemorar esta data, o embaixador interino de Angola na ONU afirmou que o crecemento da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa mostra que o idioma é un "instrumento de interacción entre diversos pobos".
Fonte: ONU News
O Consello de Goberno aprobou a Orde pola que se convocan subvencións destinadas a centros concertados que imparten segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que realicen proxectos lingüísticos plurilingües de centro durante o curso 2023-2024.
As anpas dos centros públicos de Educación Primaria de Camponaraya, Fuentesnuevas e Cuatrovientos denuncian a falta de continuidade do programa de Lingua Galega no centro educativo de secundaria ao que están adscritos, o IES Fuentesnuevas.
Fonte: Diario de León
Subscríbase ao boletín