Un grupo do National Center for Learning Welsh visita Cataluña para coñecer as boas prácticas do Voluntariado pola Lingua (VxL) e profundar na súa organización e desenvolvemento.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un grupo do National Center for Learning Welsh visita Cataluña para coñecer as boas prácticas do Voluntariado pola Lingua (VxL) e profundar na súa organización e desenvolvemento.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Andoain destinará 9500 euros a cinco novas axudas destinadas a estudantes, empresas, comercios e entidades do municipio.
Fonte: El Diario Vasco
A colección Esenciais incorpora quince novos títulos que pretenden converterse nun recurso de apoio ao traballo do profesorado e do alumnado. Trátase de resumos en galego dunha materia ou dunha parte dela para utilizar como unha guía de referencia para a aprendizaxe dos contidos.
Publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a resolución das axudas dirixidas á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais durante o ano 2023.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Estas axudas están dirixidas a impulsar a creación de obras audiovisuais en galego a través do apoio á escrita de guións, á realización e posprodución de curtametraxes e á produción de longametraxes.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Dúas académicas da Universidade de Vigo, Elena Seoane, e da Universidade das Illas Baleares, Cristina Suárez Gómez, visitaron Xibraltar para interesarse polo llanito, variante lingüística falada neste territorio británico e promover a súa literatura.
Fonte: The Olive Press
Centos de persoas manifestáronse na cidade vascofrancesa de Baiona para reclamar máis apoio e unha política eficaz para o éuscaro.
Fonte: Eitb
A plataforma de audiolibros Audible presentou o seu novo catálogo en catalán que inclúe case unha trintena de títulos das principais editoriais de Cataluña.
Fonte: Wwwhat's New
O 3 de maio a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago acollerá unha xornada na que se tratarán os beneficios do uso do galego con pacientes galegofalantes no ámbito profesional da psicoloxía.
Deportistas como Alexia Putellas, Ansu Fati, Esther Guerrero, Albert Ventura, Oriol Romeu, Sergi Darder ou Aina Florenza, entre outros, uníronse para apoiar a campaña «L’esport treu la llengua» que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán entre os clubs, deportistas e profesionais do sector en Cataluña.
Fonte: Món Esport
Subscríbase ao boletín