Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de abril de 2023

    Representantes do municipio da cidade estadounidense de Worcester, no Estado de Massachusetts, e das escolas públicas da localidade están traballando conxuntamente para poder ofrecer lingua portuguesa no ensino. A comunidade brasileira é a segunda máis importante da cidade e o portugués é o terceiro idioma máis falado en todo o estado.

    Fonte: Brazilian Times

     

    21 de abril de 2023

    O Goberno de Venezuela conmemorou o 140 aniversario da Academia Venezolana da Lingua, unha instancia correspondente á Academia Española da Lingua que naceu co cometido de velar pola integridade da lingua no país caribeño.

    Fonte: La Vanguardia

    21 de abril de 2023

    Segundo as cifras do informe de 2021 (o último publicado), as queixas relativas á vulneración de dereitos lingüísticos presentadas ante a Valedora do Pobo alcanzaron as 261 e referíronse principalmente a deturpacións da toponimia, a incumprimentos na lei ou á exclusión do galego na Administración.

    21 de abril de 2023

    A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Galega de Produtoras Independentes e o Grupo de Estudos audiovisuais da Universidade de Santiago denunciaron as dificultades que supón para a normalización do galego a nova lei española do audiovisual.

    21 de abril de 2023

    Estas novas actividades, organizadas ao abeiro da iniciativa «La llengua camina», ten como obxectivo promover o uso do catalán a través de excursións por diferentes lugares do arquipélago ao longo dos meses de abril e maio.

    Fonte: Diario Día

    21 de abril de 2023

    Máis de 200 colectivos esixiron a oficialidade do éuscaro en toda Navarra ás portas do Parlamento da Comunidade Foral, unha iniciativa impulsada desde Kontseilua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    21 de abril de 2023

    Un estudo sobre 2400 linguas publicado na revista Science Advances revelou que a metade da diversidade lingüística que existe no planeta podería estar en risco de desaparecer.

    Fonte: The Conversation

    20 de abril de 2023

    As producións Willaq PirqaMataindios, rodadas en quechua, e Pakucha, en aimará, alcanzaron un total de dez nominacións en varias das categorías dos premios que outorgará a Asociación Peruana de Prensa Cinematográfica (Apreci) nas estreas nacionais máis destacadas de 2022.

    Fonte: La Vanguardia

    20 de abril de 2023

    Despois de resolver unha solicitude de amparo dunha empresa que reclamaba ter recibido unha resolución en catalán, o Tribunal avala o uso das linguas cooficiais sempre que non se produza unha indefensión constitucionalmente relevante derivada da súa utilización.

    Fonte: RBD Noticias

    20 de abril de 2023

    Nun contexto de retroceso no uso social da lingua catalá, diferentes expertos e expertas contemplan as actividades de ocio educativo como un medio clave e facilitador para revitalizar o catalán e o seu uso, sobre todo entre a mocidade.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder