Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de abril de 2023

    A iniciativa Metges pel Català é un punto de encontro entre facultativos e estudantes de medicina, que xurdiu a través dun grupo de Telegram de máis de 2000 membros que defenden o dereito dos pacientes a expresarse e ser atendidos en catalán. Os impulsores do movemento manifestan que existe un descoñecemento dos dereitos destes pacientes pola parte dos profesionais sanitarios e pola dos propios usuarios.

    Fonte: El Periódico

    18 de abril de 2023

    O Tribunal Centroamericano de Xustiza propuxo ao Consello de Seguranza das Nacións Unidas que o portugués sexa recoñecido como lingua oficial da organización, ao igual que o inglés, o español, o francés, o chinés, o ruso e o árabe.

    Fonte: Balai

    18 de abril de 2023

    A estación ferroviaria da cidade de Leeds, no Reino Unido, introduciu un servizo de tradución en lingua de signos británica. A información aparecerá proxectada en pantallas dixitais.

    Fonte: BBC

    17 de abril de 2023

    A Autoridade do Parque Nacional de Snowdonia aprobou hai cinco meses que a partir de agora ía promocionar o uso da forma galesa do topónimo do pico máis alto de Gales, 'Yr Wydffa', no canto de 'Snowdon'. Porén, desde entón hai pouco interese por parte dos visitantes a empregalo e moitos mesmo mostran un rexeitamento rotundo.

    Fonte: Daily Post

    17 de abril de 2023

    Por primeira vez, a convocatoria de axudas á produción editorial e fonográfica en lingua catalá do Consell de Mallorca subvenciona xogos de mesa cunha produción gráfica en soporte de papel, cartolina, cartón, plástico ou similar, cuxa temática estea relacionada cun elemento histórico, cultural ou tradicional da illa e cuxo texto estea exclusivamente en catalán.

    Fonte: Última Hora

    17 de abril de 2023

    Oviedo acolle a manifestación que organiza a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) hai máis de tres décadas e que se celebrará no Día das Letras Asturianas (6 de maio).

    Fonte: La Vanguardia

    17 de abril de 2023

    Estes guións que a RAG difunde na rede recollen as colaboracións de Francisco Fernández del Riego no Galician Programme, un espazo dedicado á cultura galega que emitiu a BBC entre 1947 e 1956.

    Fonte: Galicia Confidencial

    17 de abril de 2023

    A Xunta de Galicia segue a traballar nun dos seus principais propósitos dos últimos anos, a inclusión da lingua galega nos ámbitos de aplicación da intelixencia artificial. Así o confirmou na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, onde compareceu a petición propia.

    17 de abril de 2023

    O barítono Sir Bryn Terfel cantará en galés no acto de coroación de Carlos III do Reino Unido. Trátase da primeira vez que se canta en galés neste tipo de actos.

    Fonte: BBC

    15 de abril de 2023

    O Parlamento de Cabo Verde aprobou a proposta que considera a lingua portuguesa como patrimonio inmaterial do país insular. 

    Fonte: Notícias ao Minuto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder