Os Gobernos vasco e navarro e a Oficina Pública da Lingua Vasca presentaron a marca Euskaraz barra-barra que identifica espazos para falar en éuscaro no comercio e a hostalería. Trátase dun proxecto que se irá estendendo a todos os territorios onde se fala esta lingua e que inicialmente se restrinxirá ao ámbito privado.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Navarra destinará 255 000 euros a Euskaltzandia e Eusko Ikaskuntza, entidades coas que acaba de asinar dous convenios de colaboración para continuar con actividades de desenvolvemento, estudo, investigación e promoción do éuscaro.
Fonte: Gobierno de Navarra
Co gallo do Día Internacional do Pobo Xitano, representantes da comunidade xitana reclamaron nun acto celebrado no Parlamento catalán que o romaní se considere tamén lingua propia de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
O Certame Literario Paco Lareo ten como obxectivo promover a creación literaria entre o alumnado de primaria e secundaria. Os poemas que se presenten ao concurso serán de temática libre e inéditos e deberán estar escritos en lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
Co obxectivo de facilitar a integración das persoas inmigrantes, o Concello de Silleda pon en marcha unha nova edición do programa Anduriña, unha iniciativa pola que se impartirán de balde cursos de galego e de español dirixidos a este colectivo.
Fonte: Faro de Vigo
A cidade irlandesa de Letterkenny acollerá An Focal Beo, un novo festival que celebrará a riqueza da lingua irlandesa por medio da música, a poesía, o patrimonio e a historia.
Fonte: Donegal News
A canle de televisión pública S4C e BBCiPlayer presentaron Y Sŵn, un filme en galés sobre as persoas que loitaron contra o goberno de Margaret Thatcher para que permitise a creación dunha televisión pública en lingua galesa.
Fonte: What to watch
Segundo a Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador, oito das catorce linguas indíxenas están en risco inminente de extinción. Así mesmo, dúas linguas da Amazonia xa están consideradas extintas: zápara e shimigae.
Fonte: El Oriente
Co gallo da celebración das Letras Galegas 2023, o Concello de Arzúa organiza a actividade «Elixe a túa palabra en galego favorita» que ten como obxectivo promover o uso e o coñecemento do galego.
Fonte: Concello de Arzúa
Este centro de secundaria puxo en marcha unha iniciativa na que se mestura literatura galega, inclusión e creatividade a través dun proxecto cuxo resultado foi unha selección de poemas de vangarda en alfabeto braille.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín


