O vocabulario catalán-castelán-inglés Un tallat, per favor recolle máis de 650 termos especializados e ten como obxectivo converterse nunha ferramenta para promover o uso do catalán no sector da restauración.
Fonte: Crónica Balear
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O vocabulario catalán-castelán-inglés Un tallat, per favor recolle máis de 650 termos especializados e ten como obxectivo converterse nunha ferramenta para promover o uso do catalán no sector da restauración.
Fonte: Crónica Balear
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo modelo da calculadora ClassWiz, de Casio que, por primeira vez, e coincidindo co décimo aniversario do seu lanzamento, inclúe a lingua galega entre as súas opcións de configuración. Deste xeito, esta ferramenta científica xa pode usarse en cinco linguas diferentes: galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués.
Un grupo de manifestantes pide nas rúas de Dublín que o Goberno da República de Irlanda aprobe unha nova política a favor do ensino do gaélico irlandés en todo o sistema educativo.
Fonte: Irish Central
O líder da Administración Central Tibetana, Penpa Tsering, augurou a desaparición paulatina da lingua e cultura tibetanas se China non detén as súas políticas de asimilación cultural.
Fonte: News Drum
Unha investigación da Universidade de Alacant analizou o uso das diferentes linguas na comunicación dixital en contornos multilingües, poñendo o foco nos contidos de webs e de redes sociais de 88 universidades do Espazo Europeo de Educación Superior. Entre as conclusións destaca a escasa presenza de linguas minoritarias, agás nas universidades españolas, e a baixa implantación do inglés.
Comeza a décima edición do Carballo Interplay coa entrega dos premios Dinoescolas, que teñen como obxectivo promover a creación de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un total de 800 centros educativos comprometeuse a impulsar accións concretas para fomentar o uso do catalán, unha cifra que irá incrementándose cada ano con novos centros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos galardóns do II Premio Otero Pedrayo para Estudantes de ESO e Bacharelato, organizados co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e recoñecemento desta figura singular.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O alumnado da Facultade de Comunicación puxo en marcha esta campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais a través das etiquetas #ComunicaEnGalego23 e #talentofcom.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Sala Bicameral do Congreso Nacional de Paraguai acolleu a presentación do Dicionario Cuadrilingüe que inclúe a tradución de palabras en guaraní, ayoreo, castelán e portugués. A obra é de acceso libre.
Fonte: Última Hora
Subscríbase ao boletín