Un acordo entre a Plataforma pola Lingua e o equipo de rugby Dracs Catalans de Perpiñán promoverá o uso da lingua catalá nesta cidade da Cataluña do Norte.
Fonte: Món Esport
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un acordo entre a Plataforma pola Lingua e o equipo de rugby Dracs Catalans de Perpiñán promoverá o uso da lingua catalá nesta cidade da Cataluña do Norte.
Fonte: Món Esport
A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, na que participan as comunidades autónomas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Navarra, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, celebrou na sede da Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura de Baleares a súa reunión ordinaria anual para abordar diferentes temas de interese e deseñar e coordinar accións conxuntas de promoción das súas linguas propias, centrándose especialmente no traballo das plataformas audiovisuais.
Estas subvencións inclúen proxectos e actividades de promoción do éuscaro, plans locais de normalización do uso social do éuscaro, bolsas para prácticas de normalización lingüística, bolsas para prácticas de tradución e proxectos de creación e difusión de contidos en éuscaro mediante o uso das TIC.
A Real Academia Española e o Instituto de Estudos Cataláns, a Real Academia Galega e a Real Academia da Lingua Vasca celebraron un encontro en Cádiz no que se abordou a necesidade de mellorar a colaboración e a comunicación como vías para promover a diversidade lingüística e fortalecer o plurilingüismo en España.
O Consello de Goberno aprobou a convocatoria de Lanhitz para 2023, un programa mediante o que lle outorgan axudas aos centros de traballo para incrementar o uso e a presenza do éuscaro a través de diversos tipos de actividades.
Fonte: Radio Popular
Derechu llingüísticu del Principáu d’Asturies. Normativa y xurisprudencia é o primeiro compendio xurídico que reúne toda a lexislación e a xurisprudencia relativa á lingua asturiana dos últimos 40 anos.
Fonte: La Voz de Asturias
O Goberno de Aragón é o responsable da tradución e a dobraxe ao aragonés da serie de debuxos animados Os Bolechas, que xa se emitiu en varias canles autonómicas, así como na televisión portuguesa, e cuxo autor é o galego Pepe Carreiro.
Fonte: CARTV
Os gobernos de Baleares, Valencia, Cataluña, País Vasco, Navarra e Galicia, membros da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, acordaron nunha reunión mantida en Palma enviarlles un escrito ás principais plataformas audiovisuais para trasladarlles a importancia dunha ampla oferta de contidos nas linguas oficiais diferentes ao castelán.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria lanza unha nova convocatoria dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’ que teñen como obxectivo incentivar o uso do galego entre o seu alumnado.
O Instituto Cervantes anunciou que o autor colombiano Gabriel García Márquez se converteu no escritor de fala española máis traducido na historia da literatura española do século pasado, superando a Miguel de Cervantes.
Fonte: Euronews
Subscríbase ao boletín