A ministra de Educación de Ruanda, Valentine Uwamariya, anunciou un plan para a promoción da lingua francesa en todas as fases do sistema educativo, desde primaria até os estudos universitarios.
Fonte: All Africa
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A ministra de Educación de Ruanda, Valentine Uwamariya, anunciou un plan para a promoción da lingua francesa en todas as fases do sistema educativo, desde primaria até os estudos universitarios.
Fonte: All Africa
Ambas as entidades asinaron un protocolo de colaboración, cunha vixencia de catro anos, que ten como obxectivo promover o coñecemento do catalán e o patrimonio cultural.
Fonte: La Vanguardia
Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración para traballar de maneira conxunta na promoción de produtos en galego a través do proxecto Agasallo. Ao abeiro deste acordo seleccionaranse mensualmente varios produtos que se sortearán nas redes sociais.
Fonte: CTNL
O Goberno vasco presentou as conclusións da VIIª Enquisa Sociolingüística da CAE. Entre os datos máis salientables destaca o feito de que o éuscaro gañou 261 000 falantes en trinta anos; que tres de cada catro mozos/as sabe éuscaro; ou que o 67 % da poboación vasca é partidaria da promoción do seu uso.
A Xunta de Galicia celebra, como cada 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía poñendo como eixe a lingua e a cultura galegas nos actos nos que participan o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no Carballiño (Ourense), e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, en Vigo.
Como cada 20 de marzo, as Nacións Unidas celebran o Día Internacional da Francofonía, data que conmemora a importancia do francés como lingua de comunicación en países dos cinco continentes.
Fonte: Affairs Cloud
A Asociación da Lingua Mirandesa solicitou ao Goberno portugués que ratifique urxentemente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa para poder salvar a lingua mirandesa. Esta carta foi asinada por Portugal mais aínda cómpre ratificala formalmente.
Fonte: Público
Na reunión do Consello Asesor do Éuscaro decidiuse destinar no 2023 unha partida de 700 000 euros para a aprendizaxe desta lingua, o que supón un 218 % máis respecto ao ano anterior.
Fonte: Radio Popular
Fons de mar. Peixos, crustacis, mol·luscos i altres espècies marines é o título deste vocabulario visual que inclúe os nomes en valenciano dos produtos comerciais do mar co que se busca dar a coñecer a denominación nesta lingua das principais especies comercializadas nas confrarías de pescadores.
Esta iniciativa, coa que colabora a Asociación de Hostalería de Carballo, consistirá na repartición de gardamanteis con pasatempos da revista A Píllara durante a Semana Santa co obxectivo de que a clientela se entreteña facendo unha sopa de letras ou un anagrama en galego.
Fonte: Concello de Carballo
Subscríbase ao boletín